A S.D. Compostela lanza o seu primeiro campus de verán para rapaces entre 5 e 18 años

cartel_campus_RRSS

A S.D. Compostela presenta o seu I Campus de Verán aberto a rapaces entre 5 e 18 anos cun total de cen prazas dispoñibles. O Campus levarase a cabo no Campo Municipal de As Cancelas dirixido polos adestradores da base do Compostela que inculcarán aos participantes coñecementos técnicos sen esquecer o aspecto lúdico e social.


A través desta actividade, que se levará a cabo entre o luns 27 de xuño e o venres 1 de xullo o club pretende consolidar o seu traballo de base e fomentar entre os mozos da cidade e a contorna as posibilidades educativas do deporte en xeral e do fútbol en particular achegando hábitos, valores e estilos de vida saudables. Todo iso acompañado do obxectivo de progresar e perfeccionar os aspectos técnicos e tácticos do fútbol tanto a nivel individual coma colectivo.

¿Vaste perder esta oportunidade na túa cidade? A continuación toda a información detallada que precisas saber sobre o noso Campus e como anotarte:

 

  • ¿A QUÉN VAI DIRIXIDO?

A nenos e nenas entre 5 e 18 anos ata cubrir as 100 prazas dispoñibles.

O Campus estará dirixido polos adestradores da base da S.D. Compostela, que contan con formación e experiencia e serán os encargados de orientar e preparar aos participantes. Tamén se contará con preparador físico e adestrador específico de porteiros.

 

  • ¿QUÉ DATAS E HORARIOS?

O I Campus da S.D. Compostela terá lugar entre o luns 27 de xuño e o venres 1 de xullo en horario de xornada de completa de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 (aqueles que se inscriban a media xornada poderán optar entre o horario de mañá ou de tarde).

 

  • ¿ONDE SE LEVARÁ A CABO?

O Campus desenvolverase no Campo Municipal de As Cancelas de Santiago de Compostela á beira do centro comercial e cerca do Estadio Multiusos de San Lázaro.

 

  • ¿CÁNTO COSTA?

Xeral: 120€

Federados de fútbol: 115€

Abonados ou fillos de abonados: 105€

Canteira da S.D. Compostela: 60€

Irmáns de inscritos: 70€

Media xornada: 80€

A posibilidade de comida serán 35 € a maiores

 

  • ¿QUÉ INCLÚE O NOSO CAMPUS?

-Seguro de accidentes

-Equipación de camiseta e pantalón

-Auga, froita e tentempés a diario

-Diploma ao acabar o Campus que acreditará a súa participación

-Comida opcional (35€)  na Cafetería Lois do Centro Comercial As Cancelas.

 

  • ¿CÓMO ME INSCRIBO?

Poderás inscribirte de dous xeitos:

1. De xeito directo e con pago en efectivo nas nosas oficinas situadas no Estadio Municipal de San Lázaro.

2. Descarga a ficha de inscrición aquí: Descargar díptico de incripción.

– Realiza o abono a través de transferencia bancaria no número de conta:

  ABANCA ES 59 – 2080 – 0300 – 8030 – 4015 – 1179

– Entrega a ficha de inscrición e o xustificante bancario nas nosas oficinas ou no e-mail: sdcompostela@sdcompostela.com

 

  • MÁIS INFORMACIÓN

Poderás obter máis información nas nosas oficinas situadas no Estadio Municipal de San Lázaro en horario de: 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 e no número de teléfono: 981-57- 70- 41.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado