A S.D. Compostela homenaxea ao abonado con promoción de entradas para o último partido en casa

Promo_2b

A S.D. Compostela quere homenaxear ao abonado por todo o apoio que nos brindou ao longo desta longa e difícil tempada. Dende o club queremos recibirvos a todos o vindeiro sábado en San Lázaro no último partido en casa e agradecervos o alento que nos transmitides en cada partido.


Para iso lanzamos unha promoción de entradas mediante a cal todos os abonados poderán retirar gratuitamente todas as entradas que desexen na súa localidade correspondente para o partido ante o Atlético Astorga F.C. este sábado, 7 de maio, ás 18:00h.

O prazo para a retirada de entradas será ata este venres nas oficinas do club situadas no Estadio Municipal de San Lázaro en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 21:00h. Recordámosvos que o xoves as oficinas permanecerán pechadas por ser festivo local.

¡Agardámosvos!

Compartir en Redes Sociales

Relacionado