A S.D. Compostela fará unha ofrenda ó Apóstolo o vindeiro 2 de novembro

nota de prensa fotoA través do convenio que a S.D. Compostela asinou recientemente coa Fundación da Catedral, o club fará unha ofrenda ao Apóstolo o próximo día 2 de novembro ás 12:00h.

O primeiro equipo xunto ao corpo técnico, directiva e empregados do club iniciarán esta ofrenda partindo de Xoán XXIII, dende onde camiñarán ata chegar á Catedral. Alí o club será recibido polo bispo D. Jesús Fernández para asistir a unha solenme cerimonia coa presenza do botafumeiro e o Coro da Catedral de Santiago. O presidente da S.D. Compostela, Antonio Quinteiro, lerá a invocación e fará entrega dunha camiseta e unha bufanda da Esedé a modo de ofrenda.

Poderán acompañar ao club neste acto todos aqueles afeccionados que o desexen así como os xogadores da base que decidan asistir acompañados polos seus pais ou titores.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado