A S.D. Compostela asina o convenio de Patrocinio Fundación Deporte Galego

Na mañá de onte tivo lugar na Secretaría Xeral para o Deporte a firma do convenio de Patrocinio Fundación Deporte Galego, que conta con Abanca como o patrocinador oficial dos equipos de alta competición de Galicia por segundo ano consecutivo.

O acto para formalizar os 16 primeiros convenios do Plan de Patrocinio, contou coa presenza do secretario xeral para ou Deporte, José Ramón Lete Lasa e o director territorial de Abanca en Santiago de Compostela, Juan Carlos Carneiro Caneda, que tralo agradecemento ó labor deportivo de todos os equipos presentes, procederon á firma do Plan de Patrocinio.

En representación da S.D. Compostela acudiu o presidente do club, Antonio Quinteiro, acompañado dos xogadores Dani Hernández, Sergio Sánchez, Javi Moreno e Asier Goti.

A través deste Plan de patrocinio, que reflicte o estado de forma do deporte de alta competición de Galicia en distintas especialidades deportivas, impúlsase a presencia do deporte galego no máis alto nivel competitivo garantindo o crecemento deportivo de entidades e deportistas á vez que se potencia o traballo de base.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado