A revolución da mobilidade urbana chega á SD COMPOSTELA

Presentación do acordo no Anexo San Lázaro II coa presenza de Marcos Martínez, director do proxecto, xunto a Pablo Durán, Rodri e Borja Rey.

  • Compos e Weco Mobility, especialistas en mobilidade eléctrica, asinan un acordo para a cesión de Patinetes Eléctricos Aprilia eSR1 para xogadores e corpo técnico

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2022

Froito do convenio asinado entre a SD Compostela e Weco Mobility, a empresa especialista en mobilidade eléctrica cederá ata fin de temporada Patinetes Eléctricos para que sexan empregados polos xogadores e membros do corpo técnico do primeiro equipo.

Grazas ao impulso deste sistema de mobilidade do futuro que se caracteriza por ser sostible, práctico e moi económico, a forma de desprazarse da SD Compostela mudará nas próximas semanas.

Dende esta mesma tarde, varios membros da familia da SD Compostela xa desfrutan de tódalas prestacións e vantaxes dun dos modelos de máis éxito de Weco: o Aprilia eSR1, un patinete de última xeración que chama a atención a partes iguais tanto polo seu rendemento como polo seu espectacular deseño.

Con este acordo, os abonados e abonadas do club, así como os membros de toda a entidade da SD Compostela, poderán desfrutar do prezo máis baixo do mercado neste modelo. Para beneficiarse destas vantaxes e conseguir o desconto, tan só hai que mandar un correo electrónico a marketing@sdcompostela.com.

O acordo con Weco Mobility non remata aquí e virá acompañado con campañas de activación en moitos dos partidos que a SD Compostela xogue como local.

A maiores, Weco Mobility abrirá proximamente a súa primeira tenda física en Santiago de Compostela. Mentres tanto, os seus artigos poden adquirirse a través da súa páxina web: www.cenor.es.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado