A primeira pedra do camiño á Segunda B

17 de Xullo de 2020
  • Yago Iglesias recalca que o equipo chega moi ben preparado á cita de mañá

Santiago de Compostela, a 17 de Xullo de 2020.

Cando arrancou a pretempada fai un ano, o obxectivo do equipo era chegar ao playoff con dous partidos por diante para ascender. Logo de 12 meses, e coas circunstancias que tiveron lugar aparte, chega esa primeira pedra do camiño á Segunda B. Mañá, ás 19.30, os nosos saltarán ao Estadio Municipal Abanca Balaídos para loitar polo pase á final, unha cita a que, segundo Yago Iglesias, o equipo chega moi ben preparado.

“O equipo véxoo ben, con moitas gañas de que chegue o momento de saltar ao campo. As seis semanas de preparación pasaron voando e agora chega o que todos estabamos desexando. Mañá, ás 19.30, poderemos ver, de novo, rodar o balón con acento galego, nun escenario tan bonito como é Balaídos e nunha cita tan agardada como son os playoff”, analizou o adestrador na rolda de prensa previa ao encontro.

A pouco máis de 24 horas para saír a xogar, o corpo técnico terá a todos os seus xogadores á súa disposición, coa dúbida da sanción a Pablo Antas. “Alegamos a prescrición de tempo na quinta tarxeta, pero foi rexeitada. Ao longo deste día vaise a facer unha reclamación e agardamos que todos teñamos as mesmas condicións”, sinalou o técnico, en referencia tamén a decisión do TAD.

Quen non poderá estar no banco será o propio Yago, xa que a sanción do último encontro lle obrigará a ver a contenda dende a grada. “Prefiro ter a tódolos xogadores dispoñibles e quedar eu na bancada. Tendo no corpo técnico a Rodri e Álex, así como outra xente que está no banco, estou tranquilo. O noso traballo xa está feito, agora tócalles aos xogadores. O partido está máis que traballado e o equipo chega moi ben preparado”, destacou.

Nese aspecto, unha premisa que teñen todos moi clara é a de saír gañar, porque todos parten en igualdade de condicións. “Neste formato, estamos todos a dous partidos do ascenso. É certo que o de non encaixar gol nos favorece, pero non pensamos niso nin tampouco estamos relaxados. Iso si, haberá que saber manexar os tempos de partido e tamén botar un pouco de experiencia”, comentou.

Do mesmo xeito, os nosos terán que atender a outros factores como aspecto anímico ou a calor, pero teñen moi claro cal é o plan a seguir. “Esta é unha situación súper agradable, o volver a xogar outro playoff. Chegamos máis ilusionados, con máis humildade e, directamente, máis preparados que nunca. Temos a dúbida de como responderá o equipo despois de tanto tempo sen xogar, pero as sensacións que deu ao longo de todo o ano fan que sexamos moi optimistas”, remarcou  Yago Iglesias ante os medios de comunicación.

En canto ao rival que terán enfronte, o CD Barco, o técnico destacou a calidade dos seus xogadores, en especial, de medio campo cara a adiante. “Levan anos pelexando por entrar entre os catro primeiros e cada ano confeccionan planteis moi competitivos. Teñen xogadores con pasado en Segunda B como Juanito Bazo, Ivi Vales ou Rubén García e a iso hai que sumarlle a ilusión e as gañas que teñen. En conxunto, fano un equipo moi perigoso”, advertiu.

Por outra parte, o adestrador branquiazul tamén quixo mandar unha mensaxe a afección, recalcando na necesidade de ser cívicos. “Mañá queremos darlle unha alegría á afección, pero desde aquí queremos transmitirlle que queden na casa, que collan uns bos aperitivos e que desfruten do seu Compos dende o fogar. Sabemos que estamos perfectamente apoiados, sentimos o seu apoio e cariño polas redes sociais e mañá xogaremos coa cabeza, co corazón e coa garra que nos transmiten”, relatou.

Con esa cabeza, con ese corazón e con esa garra, os branquiazuis loitarán pola pase á gran final. Concienciados co que teñen por diante, e con moita ilusión, os nosos pelexarán por superar esta primeira pedra no camiño á Segunda B.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
⌚️ Abril comezará cun derbi para os nosos en terras viguesas ⚽️ X30🆚 CORUXO F.C. 🗓️ 07.04.24⏰ 12.00🏟️ O Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy e Samu🗣️ O adestrador e capitán da SD Compostela analizaron o momento do equipo e o duelo ante o CD Guijuelo do domingo📸 Acompañounos Mónica Pereiro, da Clínica & akt, patrocinadora do encontro#ComposGuijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤝 Roque e Escoruela tiveron a pasada semana un encontro con 220 alumnos do CPI Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa🩵🤍 Na visita, enmarcada nas actividades de promoción do deporte do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, entregaron invitacións para o duelo contra o CD Guijuelo e tiveron unha entretida charla cos cativos#composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎 👉 Euse foi operado onte da súa rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito💪 Moito ánimo, Euse! Volverás máis forte, estamos seguros! Un día menos para volver! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario Juampa 🩵🤍🎂 Moitos parabéns! Oxalá que veña acompañado este domingo desa vitoria tan necesaria que todos estamos desexando! 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.