A. Mariano: “Eles necesitan os seus puntos tanto coma nós; será un partido duro”

360 MarianoEste sábado ás 17:00h a S.D. Compostela medirase co Atlético Astorga no estadio da Eregundina, un partido que Alberto Mariano prognostica complicado pois “é un partido de disputas, de duelos”. O cadro leonés, último na clasificación, chega á xornada 18 coa necesidade imperiosa de sumar puntos, do mesmo xeito que o Compostela.

Alberto Mariano aseguraba na previa desta mañá que “é un equipo duro, forte atrás e cando teñen dúbidas xogan directo”. Non lle cabe a menor dúbida ao técnico da Esedé que o seu rival vai ir a por todas: “Imos á guerra, eles necesitan os seus puntos tanto como nós. Vai ser un partido duro”.

Podes ver a previa completa aquí:

Compartir en Redes Sociales

Relacionado