A Fundación SD Compostela potencia as súas actividades de verán creando os Campus Xacobeos

  • Santiago, con catro semanas, Melide, Negreira, O Pino e Vimianzo son os lugares xa confirmados

  • Están organizados polo Compos e os clubs colaboradores para nenos e nenas de 6 a 14 anos

  • A inscrición está dispoñible na páxina web ou picando directamente na seguinte ligazón https://bit.ly/InscricionCampusXacobeos

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2022

A SD Compostela potencia este ano as súas actividades de verán coa creación da rede de Campus Xacobeos. Organizados pola Fundación SD Compostela e os clubs colaboradores, propóñense múltiples sedes ao longo da provincia: Santiago, Melide, Negreira, O Pino e Vimianzo son os lugares xa confirmados, pero falta aínda algún máis. A inscrición, dispoñible para nenos e nenas de 6 a 14 anos, está xa aberta, tanto na páxina web compostelanista como na seguinte ligazón: https://bit.ly/InscricionCampusXacobeos.

Seguindo a experiencia dos campus realizados con anterioridade, todas as propostas ofrecerán aos participantes unha oportunidade única de desfrutar do fútbol nun ambiente lúdico e enriquecedor, e facilitarán a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións escolares. Á vez que se traballará a mellora técnica e táctica dos pequenos, en grupos reducidos por idades, primarase tamén o desenvolvemento social e afectivo, con momentos de convivencia, transmitindo os valores positivos que engloba a práctica deportiva.

Os exercicios e actividades no campo estarán impartidos polos mellores monitores profesionais, entre os que se atoparán técnicos da base do club, que farán máis amena a semana para os nenos e nenas, agrupándoos por idades e niveis.

Dentro da inscrición inclúense dous equipamentos, para empregalas durante as xornadas de actividade, así como bebida e merenda para repoñer forzas.

Os prezos por semana varían en función das distintas modalidades previstas. A tarifa xeral será de 140€; para abonados ou fillos de abonados dos clubs organizadores, 125€; para os xogadores da base do Compos e dos clubs organizadores, 90€; e para irmáns de rexistrados, 70€.

O prazo de inscribirse está xa aberto e os interesados poderán recibir máis información ou resolver calquera dúbida a través do correo electrónico academia@sdcompostela.com ou no teléfono 626 063 705 (Manu Otero).

Para completar a inscrición débese encher o formulario (https://bit.ly/InscricionCampusXacobeos) e realizar o ingreso no número de conta indicado (ES31-2080-0300-8730-4558-2273), enviando xustificante de pago e DNI do neno ou nena escaneado a academia@sdcompostela.com.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado