A fortaleza do Vero Boquete en xogo

22 de Marzo de 2019

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/sZcyvcHEc9Q” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O equipo busca o terceiro triunfo seguido para seguir adozando o Tourmalet

Santiago de Compostela, ao 22 de marzo de 2019.

A SD Compostela regresa este domingo ao seu fortín coa intención de seguir adozando o Tourmalet. Ante a visita do Porriño Industrial, os nosos queren sumar o seu terceiro triunfo consecutivo, segundo de local, e prolongar unha xeira que os colocou na pelexa polo primeiro posto da clasificación. Para iso, a pesar da súa posición, chega un rival que vén de vencer ao Paiosaco.

“Levamos falando toda a semana do efecto do cambio, porque é unha xornada importante para referendar as boas sensacións das dúas últimas, sendo ademais moi sólidos tras catorce partidos seguidos encaixando”, explicou Yago Iglesias en rolda de prensa.

Precisamente, a posición na táboa fará que os visitantes cheguen a Santiago sen presión algunha. “Veñen sen nada que perder, con xogadores con experiencia en categoría superior, como Tubo ou Claudio Giráldez, polo que temos que dar nosa mellor versión, sendo agresivos con e sen balón”, sinalou o técnico.

Nese mesmo sentido, o capitán Álvaro Casas, comentou que o Vero Boquete é un campo no que “todo o mundo quere facelo ben, polo se que te relaxas, píntanche a cara”.

Outros dos aspectos para ter en conta será o modelo de xogo do rival, un conxunto que aposta polo fútbol combinativo. “Salvando as distancias, gústalles ter a pelota como a nós, xa que o seu perfil de xogadores convídalle a iso, pero é certo que cara a portería rival fáltalles acerto e na propia encaixan moito”, analizou Yago.

Por tanto, ambos deixaron claro que todo depende do labor propio. “Se estamos na liña que debemos, será un duelo para gozar e vernos levantados ao final do día”, reflectiu o adestrador. Con todo, os branquiazuis non miran a terceiros, senón só ao seu traballo. “Temos que sacar os tres puntos e se despois os resultados nos favorecen, mellor, pero non so o duelo de líder, senón o do Arosa contra a UD Ourense, o Barco ou o Alondras”, remarcou.

Para alcanzar o obxectivo marcado para este domingo, o corpo técnico prevé, como sempre, certos cambios no once inicial, malia que sempre pensando na “mellor formulación para sacar o encontro adiante”. En base ao que elixan, con máis ou menos modificacións, serán os futbolistas os que ao final o fagan bo.

Unha semana máis, a fortaleza do fortín santiagués marcará o devir do equipo, un Compos que quere seguir loitando por todo e que soña con sumar tres triunfos seguidos. A tarefa non será sinxela, pero co apoio dos seus e a dinámica positiva, agardan progresar nesta peregrinación.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

19 hours ago

SD Compostela
⌚️ Abril comezará cun derbi para os nosos en terras viguesas ⚽️ X30🆚 CORUXO F.C. 🗓️ 07.04.24⏰ 12.00🏟️ O Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy e Samu🗣️ O adestrador e capitán da SD Compostela analizaron o momento do equipo e o duelo ante o CD Guijuelo do domingo📸 Acompañounos Mónica Pereiro, da Clínica & akt, patrocinadora do encontro#ComposGuijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤝 Roque e Escoruela tiveron a pasada semana un encontro con 220 alumnos do CPI Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa🩵🤍 Na visita, enmarcada nas actividades de promoción do deporte do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, entregaron invitacións para o duelo contra o CD Guijuelo e tiveron unha entretida charla cos cativos#composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎 👉 Euse foi operado onte da súa rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito💪 Moito ánimo, Euse! Volverás máis forte, estamos seguros! Un día menos para volver! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario Juampa 🩵🤍🎂 Moitos parabéns! Oxalá que veña acompañado este domingo desa vitoria tan necesaria que todos estamos desexando! 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.