A directiva reúnese mañá coas peñas da SD Compostela

  • O encontro terá lugar ás 19.00 horas no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro
  • Búscase recibir propostas dos afeccionados para mellorar a próxima campaña de abonados

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2022

A directiva da Sociedade Deportiva Compostela reunirase mañá, ás 19.00 horas, con representantes de todas as peñas do club, nun acto que se celebrará no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro.

O club busca con este encontro escoitar e recibir as propostas dos diferentes sectores da afección para a próxima campaña de abonados para a Tempada 2022/23. O obxectivo é que todos os compostelanistas se sentan representados nela e mellorar a experiencia dos seguidores branquiazuis ao longo do curso.

Así mesmo, compartindo ideas, preténdese mellorar a proposta do club para esta nova campaña na Segunda RFEF.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado