A cuarta tamén quedou na casa

9 de Outubro de 2016
alineacion-vs-vilalbes
Imaxe do once inicial no partido desta tarde, encontro patrocinado por laucreaciones.
  • O Compos repetiu vitoria ante o Racing Vilalbés grazas ao solitario gol de David Nogueira no minuto 76.

Santiago de Compostela, a 9 de Outubro de 2016.

Nin as numerosas baixas, nin as lesións durante o partido, nin a imbatibilidade en Liga do líder puideron co idilio do Compos con San Lázaro. Por cuarta xornada consecutiva, a SD conseguiu o triunfo no seu feudo, a pesar de todas as circunstancias que se lle puxeron en contra.

Aínda que Yago Iglesias contaba coas baixas seguras de Mitogo e Martín, a estas sumouse a de Lucas antes do encontro, e as lesións durante o partido de Santi Gegunde e Samu, quenes tivo que saír do terreo de xogo antes do previsto.

A pesar diso, e con xogadores menos habituais sobre o tapete, como Rubén, David Nogueira e Manu, o Compos sacou adiante un partido moi complicado. Non o tivo fácil, pero finalmente logrou o que desexaba, os tres puntos.

Coas caras novas, ao Compos custoulle comezar. O Vilalbés asentouse atrás e tentou penalizar, con rápidos contraataques, os erros na entrega dos xogadores locais. Así, chegou a primeira dos lucenses. Unha dobre oportunidade que non souberon aproveitar, despois de que o pase atrás de Villares non atopase rematador e a volea posterior de Pablo se fose arriba.

Con todo, a ocasión espoleou ao Compos e sobre todo, a un omnipresente Tomás, de novo o máis destacado no día de hoxe. Súas foron as dúas ocasións máis claras locais na primeira metade. A primeira, tras un lanzamento de falta que despexou Marcos cunha gran estirada, e a segunda, tras un gran golpeo que pasou rozando a cepa do poste.

Esta dobre oportunidade non amedrentou aos de Óscar Gilsanz, quenes volveron a xerar moito perigo pasada a media hora de xogo. No 36, Gerardo roubaba o balón a Manu Cedrón, pero non conseguía atopar o oco da portería, xa que se escorou demasiado, e no 38, sería Sergio quen desaproveita a ocasión máis clara de todo o partido para o Vilalbés. Toque de rabona de Gerardo, o coiro impacta nun xogador visitante e Sergio, en posición de fóra de xogo, queda só no man a man con Manu, pero manda o balón ao traveseiro.

Co susto no corpo foise o Compos ao descanso, un susto que case se converte en infarto á volta dos vestiarios. No 48, unha xogada na banda esquerda entre Gerardo e Álex, permitía quedar só ao lateral esquerdo, cuxo disparo foi rexeitado por Manu e o pau da portería do porteiro local.

Salvouse o Compos e reaccionou rapidamente. De novo Tomás mandaba un tiro pegado ao pau e aos cinco minutos, sería David Nogueira quen atopaba con Marcos, tras un gran disparo a pesar de estar case sen campo. Un disparo este, que atopou unha rápida resposta polo Vilalbés, xa que á contra desta xogada, Jose Varela remataba fóra un gran centro de Villares.

Un ida e volta que serviría de preludio do momento chave do partido. Javi Varela recibía o segundo cartón marelo por cortar coa man un pase de Rubén, e á saída da falta, Tomás atopaba a Diego Rey entre liñas, este deixábaa de tacón e David Nogueira, tras un control para acomodar o balón, fusilaba a Marcos cun disparo potente. Un auténtico golazo que deixou noqueado ao Vilalbés e que levou o delirio ás bancadas.

Do gol ao final do encontro, entre os cambios e a posesión do Compos, o partido durmiuse e o marcador xa non se moveu. Os tres puntos volvían quedarse na casa e a parroquia local íase ás súas casas moi feliz. Unha vitoria dedicada ao cumpreañeiro Yago Iglesias, que permite ao equipo santiagués situarse quinto na táboa a tan só un punto do playoff.

FICHA TÉCNICA:

1- SD Compostela: Manu; Saro, David Rey, Taboada, Cabrejo; Samu (Julián, m.54); Diego Rey (Cardeñosa, m.80), Make, Tomás, Rubén; e Santi Gegunde (David Nogueira, m.40).

0- Racing Club Vilalbés: Marcos; A.Cabarcos, Hugo (David García, m.79), Muíña, Álex; Jose Varela, Javi Varela, Pablo Vivero (Xusto, m.79), Villares; Gerardo e Sergio (Rubén Gómez, m.80).

Goles: 1-0, min.76: David Nogueira.

Árbitro: Iglesias Melón, colexio vigués. Sacou cartón marelo aos locais Rubén, Tomás, Taboada, Diego Rey e Manu, e aos visitantes Muíña e Álex, ademais de expulsar por doble amarela a Javi Varela.

Incidencias: Partido disputado no Estadio Municipal de San Lázaro ante 700 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🎟️ Entre as iniciativas realizadas para o partidazo contra o Real Avilés Industrial C.F., da man do noso patrocinador Galicia Calidade, repartimos invitacións a todos os clubs conveniados da Canteira Picheleira🩵🤍 Precisamos o apoio de todos para acadar unha vitoria decisiva#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Jaime Santos🗣️ Na PREVIA tamén falou o xogador asturiano, quen destacou a confianza do equipo e analizou ao rival#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA do técnico compostelanista antes do partidazo decisivo deste domingo, ás 12.00 no Vero Boquete, ante o Real Avilés Industrial C.F. ⚽️ O técnico só se centra en conseguir o triunfo o domingo#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario o noso gran ©️, Álvaro Casas 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Álvaro! Que veñan acompañados de moitos éxitos e celebralos xuntos sobre o verde! 🙌📸 Fílmate Estudio Fotográfico y Audiovisual ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🙌 RECORDA cada ABONADO maior de 16 anos pode retirar unha INVITACIÓN no Punto de Información do Centro Comercial As Cancelas ata o SÁBADO (ℹ️ Horario: 10.30-21.00)🩵🤍 Van xa máis de 200 INVITACIÓNS entregadas!!!💪 O domingo, gañamos entre todos!!!#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.