A columna vertebral lucense foi presentada en Limpiezas Salgado

1 de Setembro de 2016
De esquerda a dereita: Javier Bellido, Ramón Salgado, Xerente de Limpiezas Salgado, Make, Santi e Diego.
De esquerda a dereita: Javier Bellido, Ramón Salgado, Xerente de Limpiezas Salgado, Make, Santi e Diego.
  • Make, Santi Gegunde e Diego presentáronse oficialmente na sede da empresa santiaguesa.

Santiago de Compostela, a 1 de Setembro de 2016.

De tres en tres, a SD vai presentando aos seus xogadores. Esta mañá tocoulles a quenda aos lucenses Make, Santi Gegunde e Diego Rey, quen guiados por Javier Bellido, foron presentados oficialmente neste novo proxecto no que desembarcan.

En primeiro lugar, o ex xogador do Compos, quixo agradecer a Limpezas Salgado, en cuxa sede se celebrou o acto, “a confianza depositada, un ano máis, no club”. A firma, que renova por segunda tempada, traballará, como dixo Bellido, “de xeito conxunto co equipo para lograr un proxecto que permita á SD chegar onde debe estar”.

Con este preludio, o agora director da base deu paso aos protagonistas da celebración, os tres xogadores lucenses que serán, segundo el, “pezas importantes para a consecución dos triunfos que axuden a alcanzar os obxectivos establecidos”.

Santi Gegunde: “Somos un grupo novo con moita calidade e a pouco que nos coñezamos mellor imos estar arriba”

O primeiro en falar foi o dianteiro centro, e referencia do novo proxecto da SD Compostela, Santi Gegunde. O xogador, que procede do CD As Pontes, destacou que “somos un grupo novo con moita calidade e a pouco que nos coñezamos máis creo que imos estar pelexando polos postos altos. Hai que ir aos poucos, porque nos vai a custar, pero hai que ter confianza e ir crecendo”.

Santi, decidiuse por vir á capital pola aposta por xogadores novos: “É un proxecto que aposta por xente nova o que nos axuda a crecer e ao mesmo tempo, nós axudamos a que creza o club”.

En canto a este comezo de tempada, o dianteiro afirma que “a segunda parte contra o Ribadumia vimos o Compos que todos queremos. Dominando máis, co rival detrás do balón e máis tranquilos”. Este é o estilo de xogo que queren levar ao longo da tempada e Santi está encantado, xa que se sente moi cómodo dentro del: “Somos un equipo que xeramos moitas ocasións e temos moito balón e iso a min axúdame. Ademais, non só me gusta marcar goles, senón tamén participar no xogo, así que perfecto”.

No plano persoal, contra o Ribadumia estreouse como goleador na tempada, por partida dobre, un gran comezo que pretende que lle axude a mellorar as cifras do ano pasado. “O outro día saíu todo de fronte, o primeiro balón que toquei metino. Espero seguir achegando goles e todo o que poida ao equipo, e se podo mellorar as cifras do ano pasado, moito mellor”.

Para mellorar estes rexistros, a asociación coa liña de mediapuntas será vital, unha conexión que Santi cre que vai por bo camiño: “Con Make e Diego xa xogara. Mentres que con Mitogo, Juan e Tomás día tras día enténdome mellor”.

Por último, en referencia ao partido deste domingo contra o Céltiga, o ariete dixo que “será un equipo peleón, que sobre todo a balón parado nos pode facer dano, polo que hai que ter coidado nese aspecto”.

Make: “Creo que temos moito que mellorar, pero imos polo bo camiño”

A continuación, falou Make. O mediocentro, que procede do Racing Vilalvés, no que militou as últimas seis campañas, chega a un equipo totalmente novo no que apenas coñece aos seus catro compañeiros de Lugo, cos que coincidiu en categorías inferiores, pero no que se está integrando moi ben. “En categorías inferiores si que cambiei varias veces de equipo, pero levaba tempo nun mesmo club. Con todo, foi bastante fácil. Coñecía xa a Santi ou a Diego, o que me axudou moito tamén. Hai un bo grupo e iso é o esencial”.

Unha das características que destaca del é a ambición que teñen. “O mellor para lograr as metas é ir aos poucos. Veremos como acabamos a primeira volta, para marcar uns obxectivos máis claros. Somos un equipo novo cun adestrador novo, así que temos que ir con paciencia, cos pés no chan”, destaca o mediocentro.

O xogador lucense, que afirmou que decidirse polo Compos, foi algo sinxelo, por calidade e idea de xogo, aínda que lle custou separarse dos seus antigos compañeiros de equipo, pretende achegar o seu gran de area a este novo proxecto. “Pola miña banda, traballo non vai faltar. O adestrador ten confianza en min, eu confío nos meus compañeiros e creo que vai ser positivo para todos”, comenta.

Para rematar, aínda que levan dúas xornadas, Make desprende positivismo para a tempada. “A pretempada foi moi boa, estamos a coñecernos e as ideas do adestrador son moi boas tamén, e estamos ás a levar a cabo. Creo que temos moito que mellorar, pero imos polo bo camiño”, concluíu.

Diego Rey: “A miña meta é xogar o ano que vén en Segunda B co Compos”

O último en tomar a palabra foi o retornado, Diego Rey. Un xogador que a pesar de estar no Somozas, en Segunda B, decidiuse polo proxecto santiagués como trampolín para a súa carreira. “O Compostela é un equipo en Terceira, pero as súas miras son para estar en Segunda B. Non sempre dar un paso atrás é negativo, senón que che pode axudar a dar un paso adiante”.

Ademais, a diferenza dos seus compañeiros, Diego ten claro que a súa meta é conseguir que o Compos xogue o ano que vén en Segunda División B, teno claro. “O meu obxectivo é xogar o playoff, aínda que hai que ver onde nos poñen os partidos, pero a miña meta é xogar o ano que vén en Segunda B co Compos, polo que haberá que traballar duro para logralo”, afirma.

Para lograr este obxectivo, o extremo lucense destaca a catro ou cinco equipos como os principais rivais. “A priori, o Bergantiños fixo un bo equipo, o Deportivo B ten un ritmo moi bo e creo que estará aí, e despois, creo que haberá outros equipos como o Cerceda ou o Barco, que polo que oín, fixo moi bo equipo”.

Outra das chaves, segundo Diego, estará nos partidos de casa, San Lázaro ten que ser un fortín. “A outra vez que estiven aquí gañamos unha porcentaxe moi alto de partidos en casa, e este ano vai ser a chave. Se gañamos a maioría de partidos en San Lázaro, e despois fóra imos puntuando, seguro que estamos aí arriba”, sentenza.

Nos partidos lonxe de Santiago, Diego Rey sabe que se atoparán con todo tipo de dificultades, pero sinala que isto non pode ser unha escusa. “Fóra de casa imos atoparnos con todo tipo de terreos de xogo, pequenos, de herba artificial…pero non pode ser unha escusa. Agora todo o mundo quere gañar para meterse na pelexa, polo que será difícil, pero imos loitar por iso”.

Por último, en relación á súa anterior etapa en San Lázaro, o extremo considera que chega como un xogador máis contrastado. “Daquela era máis inmaduro. Agora teño unha traxectoria máis longa. Vou traballar duro, axudar aos meus compañeiros e achegar en todo o que poida”.

E en canto ao proxecto, considérao diferente, pero non por iso menos bo. “Deportivamente é un proxecto diferente. Na anterior etapa tiñamos xogadores contrastados na categoría e agora somos xente máis nova, quizais sen tanto nome, pero deportivamente con moito futuro”, concluíu.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.