A ampla rede de Campus Xacobeos suma xa 200 inscritos nunha semana

  • As solicitudes seguen abertas para todas as sedes na páxina web do club ou na ligazón https://bit.ly/InscricionCampusXacobeos

  • Lugares confirmados: Santiago, con catro semanas, Melide, Negreira, O Pino, Vimianzo, San Vicente do Grove, Esteiro e Louro

  • Están organizados polo Compos e os clubs colaboradores para nenos e nenas de 6 a 14 anos

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2022

A ampla rede de Campus Xacobeos, organizados pola Fundación SD Compostela xunto aos seus clubs colaboradores, xa superou a cifra dos douscentos inscritos na súa primeira semana. Mentres se manteñen abertas as solicitudes para todas as sedes, séguense sumando peticións para os diferentes lugares propostos.

Dispoñible para nenos e nenas de 6 a 14 anos, tralas incorporacións dos últimos días, as sedes confirmadas son as seguintes: Santiago (catro semanas, cunha específica para porteiros), Melide, Negreira, O Pino, Vimianzo, San Vicente do Grove, Esteiro e Louro.

Para todos eles, os interesados poden inscribirse na páxina web do club ou directamente na seguinte ligazón: https://bit.ly/InscricionCampusXacobeos. Na solicitude cubriranse todos os datos do participante, así como o lugar escollido, coa necesidade de remitir, para completar a inscrición, o comprobante de pago (unha vez realizado o ingreso no número de conta ES31-2080-0300-8730-4558-2273) e unha fotocopia do DNI do menor ao correo electrónico academia@sdcompostela.com.

Así mesmo, para resolver calquera dúbida ou para solicitar máis información, ponse a disposición o citado e-mail, así como o número de teléfono 626 063 705 (Manu Otero).

CARACTERÍSTICAS DOS CAMPUS XACOBEOS.

Seguindo a experiencia dos campus realizados con anterioridade, todas as propostas ofrecerán aos participantes unha oportunidade única de gozar do fútbol nun ambiente lúdico e enriquecedor, e facilitarán a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións escolares. Á vez que se traballará a mellora técnica e táctica dos pequenos, en grupos reducidos por idades, primarase tamén o desenvolvemento social e afectivo, con momentos de convivencia, transmitindo os valores positivos que engloba a práctica deportiva.

Os exercicios e actividades no campo estarán impartidos polos mellores monitores profesionais, entre os que se atoparán técnicos da base do club, que farán máis amena a semana para os nenos e nenas, agrupándoos por idades e niveis.

Dentro da inscrición inclúense dous equipamentos, para empregalos durante as xornadas de actividade, así como bebida e merenda para repoñer forzas.

Os prezos por semana varían en función das distintas modalidades previstas. A tarifa xeral será de 140€; para abonados ou fillos de abonados dos clubs organizadores, 125€; para os xogadores da base do Compos e dos clubs organizadores, 90€; e para irmáns de rexistrados, 70€.

Para completar a inscrición débese encher o formulario (https://bit.ly/InscricionCampusXacobeos) e realizar o ingreso no número de conta indicado (ES31-2080-0300-8730-4558-2273), enviando xustificante de pago e DNI do neno ou nena escaneado a academia@sdcompostela.com.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado