A Academia de Estudos da SD Compostela tamén retoma as clases

  • Ofrécese reforzo para todas as materias para Primaria, ESO e Bacharelato

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2021

Comeza o curso escolar 2021/22 e con el tamén a actividade da Academia de Estudos da SD Compostela. Situada nas Cancelas (á beira do campo de fútbol), o centro, que dirixe Manu Otero, ofrece clases de reforzo de todas as materias para nenos e nenas de entre 8 e 18 anos (Primaria, ESO e Bacharelato).

As clases levaranse a cabo en grupos reducidos e en horario de tarde, dende as 16.00 ata as 21.00 horas, con adaptación aos adestramentos ou outras actividades dos alumnos.

A matrícula está aberta a calquera persoa que estea interesada e os xogadores da base da SD Compostela, así como de todos os clubs conveniados, teñen un 10% de desconto nas cotas.

Para inscribirse, todos aqueles que o desexen poden pedir máis información ao propio Manu Otero no teléfono 626063705 ou no correo electrónico academia@sdcompostela.com.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado