500 abonados poderán asistir ao partido contra o RC Celta B, o sábado 6 ás 17.00 horas

  • Os agraciados, achegados nas imaxes, terán que retirar a súa entrada nas Oficinas desde mañá ás 16.00 ata o xoves 4 ás 19.00 horas
  • En caso de sobrar entradas, habilítase unha lista de reserva, cuxos agraciados poderían retirar a entrada o venres 5

Santiago de Compostela, a 25 de Febreiro de 2021.

O público regresará ao Vero Boquete de San Lázaro con motivo do partido, da décimo sexta xornada de liga do Grupo 1A da Segunda B, que enfrontará á SD Compostela contra o RC Celta de Vigo B. Ao duelo, previsto para o sábado 6 de marzo ás 17.00 horas, poderán asistir os 500 abonados agraciados, os cales aparecen nas imaxes adxuntas.

Abonados premiados

Os 500 abonados que poderán asistir ao partido serán aqueles que resultaron entre o número 251 e 750 do sorteo realizado ante notario no mes de novembro.

Estes terán a opción de retirar a súa entrada desde mañá venres, ás 16.00 horas, ata o vindeiro xoves 4 de marzo, ás 19.00 horas. As entradas retiraranse nas oficinas do club, no horario habitual (de luns a venres: de 10.00 a 13.00 e das 16.00 a 20.00 horas), a excepción do primeiro e último día.

Abonados de reserva

Se sobrasen entradas, como novidade, habilítase unha lista de reserva, tamén achegada nesta noticia, na que aparecen os números dos 25 abonados que terían dereito a retirar a súa entrada no caso de que quedasen prazas desertas. Estes son os que saíron no sorteo do número 751 ao 775.

Só no caso de que queden prazas, estes abonados poderían retirar a entrada o venres 5 de marzo, de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 19.00 horas, nas Oficinas do Club.

Estadio

Como en anteriores ocasións, todas as entradas serán para a bancada de Tribuna do Estadio Verónica Boquete de San Lázaro.

Os agraciados recibirán, no momento de retirar a entrada, a hora á que terán que acceder á instalación e a porta de acceso.

Unha vez no estadio, só se poderán sentar naquelas butacas que teñan un distintivo verde.

ABONADOS PREMIADOS

 

LISTA DE RESERVA

Compartir en Redes Sociales

Relacionado