Gañan os pequenos e malos resultados para os grandes

28 de Setembro de 2016
  • Os dous infantís e os benxamíns foron os triunfadores da xornada dos equipos da base.

Santiago de Compostela, a 28 de Setembro de 2016.

Resísteselle a vitoria ao xuvenil A adestrado por Becho. Outra xornada máis, suman outro empate. Un punto que se certificou no último minuto.

Un gol de Borja Míguez no minuto 89 permitiu aos xuvenís de Liga Nacional conseguir un punto en casa contra o Conxo.  Con dous puntos, están fóra do descenso, décimo cuartos.

Peor sorte correu o xuvenil B, que perdeu por catro goles a un ante o Manuel Peleteiro e cae a postos de descenso. A pesar de que se adiantou no marcador co gol de Roberto Seoane no minuto 5, a segunda parte fíxoselle moi longa ao conxunto dirixido por Diego Gutiérrez.

En canto ao Cadete, que chegaba de líder e invicto, perdeu na casa ante o CD Unión. O conxunto da ría de Arousa púxose por diante nos primeiros compases do partido, e a pesar de que a SD logrou empatar por mediación de Cristian Cerban, conseguiron superar o golpe e anotar dous goles máis. Agora, o conxunto de Guillermo Gil descende ao quinto posto con nove puntos.

Ao contrario que o cadete, o Infantil A gañou e convenceu ante o CD Unión, tamén na casa. Os goles na segunda metade de Anxo Ferro, Alejandro Parga e Iago Fernández certificaron o triunfo local por tres goles a cero.

Con esta vitoria, o equipo santiagués queda quinto na táboa con nove puntos, tras gañar tres dos catro encontros disputados.

O Infantil B tamén venceu e convenceu. Os nenos da base gañaron fóra de casa ao Vitoria FC por dous goles a cinco.

Os branquiazuis saíron moi motivados ao campo e á media hora do partido xa ían gañando por 0 a 4. O gol de Mauro Iglesias e o hat trick de Alejandro Dopazo puxeron o partido moi de fronte, aínda que sería Rubén Sande quen anotase o gol definitivo e o da tranquilidade.

Con este triunfo, os infantís soben ao cuarto posto da clasificación con catro puntos, despois de que empatasen na primeira xornada.

Por último, os benxamíns tamén gañaron no seu primeiro partido de Liga ao La Salle no campo de Santa Isabel. A pesar de que o La Salle se puxo por diante, os goles de David Montes no 21 e de Abril Pazos no 44, pecharon a remontada. Co triunfo, o equipo da base sitúase sexto.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

20 hours ago

SD Compostela
⌚️ Abril comezará cun derbi para os nosos en terras viguesas ⚽️ X30🆚 CORUXO F.C. 🗓️ 07.04.24⏰ 12.00🏟️ O Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy e Samu🗣️ O adestrador e capitán da SD Compostela analizaron o momento do equipo e o duelo ante o CD Guijuelo do domingo📸 Acompañounos Mónica Pereiro, da Clínica & akt, patrocinadora do encontro#ComposGuijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤝 Roque e Escoruela tiveron a pasada semana un encontro con 220 alumnos do CPI Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa🩵🤍 Na visita, enmarcada nas actividades de promoción do deporte do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, entregaron invitacións para o duelo contra o CD Guijuelo e tiveron unha entretida charla cos cativos#composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎 👉 Euse foi operado onte da súa rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito💪 Moito ánimo, Euse! Volverás máis forte, estamos seguros! Un día menos para volver! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario Juampa 🩵🤍🎂 Moitos parabéns! Oxalá que veña acompañado este domingo desa vitoria tan necesaria que todos estamos desexando! 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.