Tres xogadores da casa presentados por unha empresa da casa

23 de Setembro de 2016
De izquierda a derecha: Lucas Díaz, Juanin, Ramón Castro, Marcos Sanmartín, Javier Puñal y Mon.
De esqueda a dereita: Lucas Díaz, Juanin, Ramón Castro, Marcos Sanmartín, Javier Puñal e Mon.
  • Co patrocinio de laucreaciones, Mon, Lucas e Juanin foron presentados como xogadores da SD.

Santiago de Compostela, a 23 de Setembro de 2016.

Este xoves pecháronse as presentacións do novo plantel da SD Compostela para esta nova tempada. Estas concluíron co acto de presentación de tres xogadores da casa, cos tres futbolistas que seguen do curso pasado, Mon, Juanin e Lucas.

Neste marco santiagués, foi a empresa de laucreaciones, a encargada de patrocinar a presentación, unha empresa, que segundo Javier Puñal, director de márketing e desenvolvemento de negocio, é “da casa”.

Javier ademais tamén quixo agradecer “a axuda de laucreaciones na rotulación e iluminación da nova tenda oficial da SD Compostela, e que será presentada na primeira semana de outubro”.

Pola súa banda, Marcos Sanmartín Miramontes, xerente da empresa santiaguesa, tamén agradeceu “ao club, e en particular a Javi, por permitirme volver a San Lázaro, un lugar que foi a miña casa hai uns anos, como preparador físico do equipo de División de honra xuvenil”.

O Compostela “permítenos mostrar os nosos traballos nun marco ideal como este”, dixo Marcos. Por tanto, “teño moito interese e firmeza por seguir moitos anos colaborando co club”. Un conxunto do que recoñece o traballo da súa directiva recolléndoo dunha situación tan complicada, e que “fosen capaces de refacerse desta situación”.

Lucas Díaz

O porteiro santiagués foi o primeiro en falar ante os medios. Lucas, que estivo nas categorías inferiores da SD, ten agora a oportunidade de saltar ao primeiro equipo. “É o meu primeiro ano en Terceira. Estou adaptándome á categoría e ao equipo”, comenta.

No plano persoal, Lucas séntese contento co equipo e a proposta do adestrador, a cal considera moi atractiva. “Sabía que o adestrador lle gustaba xogar ben ao fútbol e a min tamén. El pídenos eses riscos e iso é algo que nos gusta aos porteiros”, di. Yago Iglesias reclámalles aos porteiros que “saquemos o balón desde atrás sempre que podamos”.

En canto á súa relación con Manu Cedrón di que “é unha competencia sa. Levámonos bastante ben, porque ao final é co que paso máis tempo”. Nesa rivalidade, Lucas comezou por diante, aínda que matiza que “oxalá poida xogar moitos máis partidos, pero tereino que traballar día a día”.

En canto ao rendemento do equipo, Lucas considera que “somos un grupo novo, estamos a nos adaptar, e creo que nos falta iso para que cheguen os resultados fóra”. A dificultade de visitantes radica, segundo Lucas, en “que o noso xogo é querer o balón e para iso San Lázaro axúdanos moito, pero fora igual témonos que adaptar un pouco mellor para lograr os resultados”, conclúe.

Mon

O seguinte en falar foi o único xogador que se mantén do primeiro plantel do ano pasado, Mon. O mediocentro, a pesar de que viña de xogar en Segunda División B, non está a ter o protagonismo que quixese este curso.

“A miña expectativa era facerme importante dentro do equipo e marcar as diferenzas en Terceira, para volver a Segunda División B, pero parece que a cousa non empezou como desexaba”, dixo.

A situación é complicada para el, pero é que “de momento en casa, Tomás, Make e Samu  están a facer grandes partidos”. Por tanto, “teño que esperar e cando me toque, xogar un gran partido e asentarme no once”, afirma.

Unha cousa que ten clara é que “sáeme de dentro dar todo pola camiseta. Cando saio ao campo tento dalo todo”, máis aínda sendo santiagués.

No que respecta ao equipo, considera que “somos un grupo novo, temos que axustarnos e facernos fortes fora. Manter a regularidade de casa, fóra, e a partir de aí crecer”. Para el, a chave é que saian máis motivados que o rival nos encontros de visitante. “Temos que saír cun plus, porque unha vez colles a dinámica gañadora xa non saes de aí, porque os equipos respéctanche máis e teñen medo”.

Precisamente, contra o rival deste domingo, a punto estiveron de gañarlles na súa casa no partido de Copa Federación. “É un equipo ante o que fomos mellores en Copa. Na primeira metemos o gol de Ube e na segunda fallamos todo. Unha chea de ocasións que non materializamos”.

Mon, que coñece San Lázaro á perfección, sabe que “Aínda que se encerren imos ter ocos. Se movemos ben o balón, imos atopalos”. Por iso, “de San Lázaro non poden saír vivos”, conclúe.

Juan Rey

O último en falar foi Juanin. O extremo, que sobe do xuvenil, aínda que xa realizou adestramentos co primeiro equipo o curso pasado, nota sobre todo que “o ritmo cambia moito, aínda que ao adestrar o ano pasado co primeiro equipo, non me custa tanto”.

O seu obxectivo no club é “facerme cun oco no equipo. Estar moitos anos e convencer ao adestrador de que podo xogar máis”. O problema está en que todos están ao 100% e que “o equipo é bastante competitivo, nos adestramentos todos loitan e fano xenial. Todos están á máxima”.

Con todo, “adestrar con esta xente axúdame a subir o meu rendemento”, asegura. Un grupo futbolístico que considera moi bo, xa que “somos todos amigos”.

O obxectivo de todos eles será, segundo Juan,  “facer bo futbol, que a afección estea contenta e que o equipo estea arriba, aínda que serán as xornadas e os equipos os que nos coloquen na clasificación”, conclúe.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

16 hours ago

SD Compostela
⌚️ Abril comezará cun derbi para os nosos en terras viguesas ⚽️ X30🆚 CORUXO F.C. 🗓️ 07.04.24⏰ 12.00🏟️ O Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy e Samu🗣️ O adestrador e capitán da SD Compostela analizaron o momento do equipo e o duelo ante o CD Guijuelo do domingo📸 Acompañounos Mónica Pereiro, da Clínica & akt, patrocinadora do encontro#ComposGuijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤝 Roque e Escoruela tiveron a pasada semana un encontro con 220 alumnos do CPI Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa🩵🤍 Na visita, enmarcada nas actividades de promoción do deporte do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, entregaron invitacións para o duelo contra o CD Guijuelo e tiveron unha entretida charla cos cativos#composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎 👉 Euse foi operado onte da súa rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito💪 Moito ánimo, Euse! Volverás máis forte, estamos seguros! Un día menos para volver! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario Juampa 🩵🤍🎂 Moitos parabéns! Oxalá que veña acompañado este domingo desa vitoria tan necesaria que todos estamos desexando! 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.