1.000 entradas para a estrea da Fase Intermedia contra o Numancia

  • Os abonados poderán retirar a súa entrada dende mañá e ata o venres na Tenda do Club
  • O horario da tenda é de 12.00 a 20.30 horas
  • O sábado, se sobrasen, poñeranse á venda para o público xeral na Oficina, desde unha hora antes do partido

Santiago de Compostela, a 29 de Marzo de 2021.

A estrea da SD Compostela no Vero Boquete de San Lázaro na Fase Intermedia, o cal terá lugar este sábado 3 de abril ás 17.00 horas contra o CD Numancia SAD, poderase vivir, de novo, con 1.000 espectadores nas bancadas do fortín. Para iso, os abonados poderán retirar a súa entrada na TENDA OFICIAL DO CLUB, na Rúa da Raíña, 8.

Para o duelo, terán preferencia para o acceso os abonados do club, polo que se abre un prazo para a retirada de entradas exclusivo para eles, con entrega das invitacións por orde de chegada.

ABONADOS

Os abonados poderán retirar a entrada para o partido DENDE este MARTES 30 de marzo, ás 12.00 horas, ATA o VENRES 2 de abril, ás 20.30 horas.

O horario da Tenda Oficial do Club (Rúa da Raíña, 8, Santiago) é das 12.00 a 20.30 horas.

Recollida

Para recoller a invitación para o partido, o abonado deberá presentarse o DNI acreditativo da identidade do mesmo, informándoselle nese momento da hora e porta de acceso, medidas que se deben cumprir para evitar calquera tipo de aglomeración e respectar os protocolos de seguridade e hixiene. Todos os afeccionados entrarán ao Estadio antes das 17.00 horas, momento no que se pecharán as portas.

Público Xeral

No caso de que quedasen entradas, feito que se informaría a través das redes sociais do club, estas poñeríanse á venda o SÁBADO, dende unha hora antes de que comece o encontro. Neste caso, as invitacións entregaríanse nas OFICINAS DO CLUB, desde as 16.00 ata as 16.55 horas.

O prezo das entradas será de 20€ para o público xeral e de 10€ para os menores de idade.

DECLARACIÓN RESPONSABLE

Para entrar ao Estadio Verónica Boquete de San Lázaro é indispensable levar cuberta a Declaración Responsable Covid-19, que se debe descargar dende a páxina de inicio da web do club (www.sdcompostela.com). Todos aqueles que queiran acceder ao Estadio deben traela impresa e cuberta das súas casas.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado