El derbi contra el Deportivo será a puerta cerrada

  • O club pide desculpas aos seus abonados e agarda que a situación sanitaria mellore canto antes polo ben de todos

Santiago de Compostela, a 21 de Outubro de 2020.

A Sociedade Deportiva Compostela quere comunicar a todos os seus abonados e ao resto de afeccionados que o partido correspondente á segunda xornada de liga que se disputará no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro será porta pechada.

O club, unha vez tomada esta decisión, quere pedir desculpas a todos os seus abonados, e dicirlles que todos agardamos que a actual situación sanitaria mellore canto antes polo ben de todos.

En primeiro lugar, tómase esta decisión pola actual situación epidemiolóxica na nosa cidade, tentando preservar a saúde de todos. Ademais, resulta imposible para o club o cumprimento íntegro da normativa, tanto polas súas peculiaridades como polo gran número de cambios e modificacións que sofre a devandita normativa todas as semanas, que nos impide saber a día de hoxe en que condicións se podería albergar público o vindeiro domingo.

Doutra banda, despois de varios días de espera, a dirección xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia non deu resposta á solicitude do club para coñecer o aforo dispoñible para o vindeiro domingo, co que desde o punto de vista loxístico o club non pode preparar o partido nas condicións adecuadas, nin avisar coa antelación necesaria a aqueles que puidesen gozar do partido en directo.

Ademais, queremos engadir que desde o Concello recomendóusenos celebrar o partido a porta pechada no día de onte, cuestión que entendemos, dada a difícil situación epidemiolóxica que vive Santiago nos últimos días.

Por último, indicar que o momento polo que pasamos é moi difícil para todos. No noso caso, estamos atopando múltiples obstáculos para poder desenvolver o noso traballo diario, o que dificulta especialmente a tempada a nivel deportivo, social e económico. Esperemos que todo mellore, e que desde as diferentes administracións sexan o máis sensibles posible á nosa situación.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado