Antonio Bermúdez DEP

10550864_373754512771881_6338007814330351637_n

A SD Compostela quere mostrar as súas condolencias polo falecemento de Antonio Bermúdez. Antonio formaba parte deste club desde hai máis de 30 anos; sempre colaborando naquelo que fixera falta, incansable no seu esforzo, cunha vocación e unha profesionalidade fora de toda dúbida. O deporte santiagués era a súa vida pero a SD Compostela era a súa paixón.

 

Mestre do periodismo, a súa voz e o seu xeito de contar as cousas forman parte da historia radiofónica do deporte galego.  Apaixoado das estatísticas, por riba de todo Antonio era un periodista de raza; un home que desfrutaba axudando aos demais; sempre atento, sempre dando sabios consellos aos que viñan por detrás exercendo a súa profesión.

 

Ainda hoxe se nos fai difícil asumir a súa perda. O destino quixo que Antonio nos deixara mentres exercía de xornalista; colaborando co noso club en San Lázaro, o seu outro fogar; o lugar onde sempre estará presente o seu recordo.

 

Será difícil cubrir a súa ausencia, é moi complicado valorar o seu labor sempre desinteresada. Desde aquí queremos darlle o nosos máis sentido pésame á súa familia, en especial ao seu fillo Toño.

 

DEP Don Antonio Bermúdez, un compostelanista inesquencible.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado