Santi Gegunde causará baixa a próxima tempada

27 de Xuño de 2019

Marcha-Santi-Twitter

  • O club agradécelle ao lucense o seu compromiso e rendemento nestes tres anos

Santiago de Compostela, a 26 de Xuño de 2019.

Santi Fernández Gegunde causará baixa a próxima tempada na SD Compostela ao non ofrecerlle o club a renovación. A directiva agradécelle enormemente o seu compromiso e rendemento futbolístico nestas tres campañas connosco, nas que se destacou como unha das pezas máis utilizadas polo técnico Yago Iglesias.

Santi chegou ao Compos no verán do 2016 para asentarse como unha referencia no ataque do novo proxecto compostelanista. O lucense mostrou rapidamente as súas capacidades goleadoras, pero tamén unha enorme visión e control do xogo, o que o levou a alternar o posto de dianteiro centro con outros na segunda liña.

Neste tempo, o punta disputou 115 encontros coa elástica branquiazul, celebrando 30 goles neles, a maiores de sumar algunhas asistencias. O seu último tanto foi no encontro contra o Alavés B, no que mesmo lesionado xerou a xogada do terceiro, un claro exemplo do seu compromiso por esta entidade.

Ademais, neste último curso tamén adestrou aos prebenxamíns, traballo como técnico no que transmitiu os bos valores que tentamos inculcar nos pequenos e pequenas.

Por todo iso, o club agradécelle todo o seu labor, tanto no persoal como no futbolístico, á vez que lle desexa a maior das sortes para o seu futuro. Moitas grazas, Santi.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
A familia da SD Compostela lamenta profundamente o falecemento de Jesús de MiguelQueremos trasladar o noso máis sentido pésame aos seus familiares e amigos, así como a toda a familia do Club Deportivo Tenerife, a quen enviamos todo o cariño e apoio para estes momentos tan difícilesDEP 🖤 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, derbi en Vilagarcía no que buscaremos regresar á senda do triunfo 💪🩵🤍𝐗𝟏𝟎🆚 Arosa SC 🗓️ Domingo, 08/11🕔 17:00 horas🏟️ A Lomba🎟️ Tribuna - 20€ | Preferencia - 15€ | Menores de 16 - 5€📺 En Xogo #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Os nosos iniciaron xa a semana de traballo coa mente posta nun novo derbi 💪Cinco adestramentos para preparar o encontro deste domingo na Lomba #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 CRÓNICA O Compos ve freada a súa gran serie de vitorias contra o Basconia💪 Os nosos tiveron varias oportunidades claras para levar os tres puntos, pero faltou acertou de cara a gol e o encontro rematou 0-0📸 Ignacio Castaño Gómez#composbasconia ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #composbasconiaO técnico compostelanista destacou a capacidade do equipo, o bo traballo realizado, ao que so lle faltou o gol, así como o apoio da afección durante todo o choque ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.