Xornada sensacional para xuvenís e cadetes

8 de Abril de 2019

Resultados 8 Abril 3

  • O Infantil B, Alevín A e B, Benxamín B e Biberón de Sala terminaron as súas competicións ligueiras

Santiago de Compostela, a 8 de Abril de 2019.

Senllos dobretes dos conxuntos xuvenís e cadetes protagonizaron unha xornada na que outros cinco terminaron as súas competicións ligueiras: Infantil B, Alevín A e B, Benxamín B e Biberón de Fútbol Sala. Entre os oito triunfos finais que se completaron, hai que sumar precisamente os do Infantil B, Benxamín B e Biberón, así como o do Prebenxamín B.

En primeiro lugar, o Zona Vella rompeu a súa dinámica de empates, pero cunha derrota pola mínima (2-1) contra o Estradense, terceiro clasificado. O tanto de Pablo Sánchez, no 78, serviu para que o filial recortarse diferenzas, pero non para que sumase algún punto.

O primeiro dobrete da fin de semana chegou en categoría xuvenil. O Xuvenil A ascendeu ao cuarto lugar da clasificación e pelexa pola promoción tras superar a domicilio ao CD Boiro por 1-2. Manel Macías adiantou aos branquiazuis no primeiro acto e a pesar de que empataron os locais, David Noya devolveu a vantaxe aos nosos tres minutos máis tarde. Con este triunfo, o equipo suma tres seguidos, catro no últimos cinco, e mantense a sete do segundo, pero a tres do terceiro. Ademais, o Xuvenil B superou con claridade (4-1) ás Escolas Deportivas de Vedra para recuperar confianza. Andrés Cesar e Juan Mayo, na primeira parte, e Marcos Andrade e Iker Carril, na segunda, permitiron que os nosos saboreasen unha nova vitoria tras varias semanas.

Imitando aos maiores, os cadetes superaron con solvencia os seus dous trámites da matinal do domingo. O Cadete A, líder sólido, volveu mostrar o seu poderío para vencer á SD Dubra por 2-6. O triunfo chegou con dobretes de Uxío Figueroa e Iker Carril, ademais dos tantos de Pedro Casal e Martín Díaz. Á súa vez, o Cadete B goleou ao Milladoiro SD cun contundente 8-0. Iago Fernández, Alejandro Parga e Rubén Sande asinaron tres dobretes, completados coas dianas de Xaime Paz e Zubo Yang.

Non tivo mesma sorte o Infantil A, que sucumbiu por 8-0 na súa visita ao EFM Boiro, un dos conxuntos da cabeza. Con todo, en contraste, o Infantil B pechou a liga en cuarto lugar co gran sabor de boca de superar 0-1 ao EF Silleda, segundo clasificado. Mateo Barros foi o autor do único gol do encontro dun conxunto que inicia mañá a Copa Concello de Santiago.

Xa en fútbol 8, ambos conxuntos terminaron a liga e preparan xa o inicio do Fútbol 11. O Alevín A pechou o playoff de descenso, no que se asegurou unha praza na próxima liga, caendo por 2-6 ante o líder, o Escola Estrada. Con todo, acabaron en segundo lugar. Mentres tanto, o Alevín B perdeu co ED Xuventude Oroso, acabando quintos en liga. Tamén rematou con vitoria o Benxamín B, sexto ao final, tralo seu 2-0 ao Atlético Fátima.

En prebenxamíns, o A caeu ante o CD Conxo, mentres que o B asegurou o seu liderado con outra vitoria, esta vez ante o San Pedro. Igualmente, o Biberón de Sala gañou ao Villestro e finalizou segundo a un punto do Amio, pero o de Fútbol 8 perdeu precisamente cos amienses.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.