Segue en marcha a campaña de abonos para a segunda volta

  • Na oferta entra tamén o próximo encontro contra o Ourense CF

Santiago de Compostela, a 3 de Xaneiro de 2019.

A SD Compostela segue neste 2019 coa campaña de abonos para a segunda volta, cunha oferta que oscila entre os 50 euros de Tribuna e a gratuidade para os menores. Ademais, todos e todas aqueles que o desexen poden reservar o asento na grada e xa poderán acceder ao próximo encontro contra o Ourense CF, última cita da primeira parte do campionato.

Resumo de prezos:

Tribuna: 50 euros
Xubilados
e desempregados de longa duración: 40 euros
Estudantes da USC e menores de 25: 35 euros
Menores de
idade: Gratis

En canto á reserva de asento, esta mantén os prezos. Así, para aquelas persoas que renoven o seu abono poderán facela por 5 euros, mentres que o prezo ascende a 10 euros para as novas altas. Do mesmo xeito, os abonados e abonadas que aínda non fixeran efectiva esta opción téñena a súa disposición aos mesmos prezos.

Para realizar o abono, os interesados e interesadas poderán levalo a cabo de maneira presencial nas oficinas do club, de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas, ou por vía online no apartado ‘Abónate’ da web oficial (www.sdcompostela.com/portal-de-socios/abonate/).

Compartir en Redes Sociales

Relacionado