Santi, Alberto e Sergio foron presentados en Hale Shop

10 de Agosto de 2018
De esquerda a dereita: Javier Puñal, Sergio, Santi, Alberto e Mónica.
De esquerda a dereita: Javier Puñal, Sergio, Santi, Alberto e Mónica.
  • Os tres teñen gañas de empezar o ano e intentar repetir a experiencia do curso pasado

  • A tenda de roupa ofrece un 20 % de desconto aos abonados

Santiago de Compostela, a 10 de Agosto de 2018.

Tras a presentación das fichaxes, a SD Compostela comezou esta mañá cos xogadores renovados e que manteñen o bloque que tantos éxitos deu o curso pasado. Nesta primeira entrega, Santi Gegunde, Alberto Freire e Sergio Pereira pasaron revista ante os medios en Hale Shop, tenda que colabora co club un ano máis e que ofrece un 20% de desconto nos seus produtos a todos os abonados branquiazuis.

No acto, ademais dos xogadores, estiveron presentes Javier Puñal, director de márketing do club e Mónica, encargada da tenda situada no Centro Comercial As Cancelas.

O directivo compostelán agradeceu a Hale o seu apoio. “É un membro da SD Empresarial, levamos dous anos e espero que siga moito máis. Ademais, convido aos nosos abonados a que aproveiten o desconto”, explicou.

En canto aos xogadores, en primeiro lugar, Santi comentou que teñen ganas de resarcirse despois do ano pasado nunha Terceira máis competitiva. “Somos un grupo máis novo e non haberá unha xornada fácil, pero tentaremos axustarnos canto antes e facelo o mellor posible, sempre aos poucos para chegar ao final con opcións”, relatou.

A continuación, Alberto Freire asegurou que o pau foi duro tras a eliminación pero que despois das vacacións tiveron tempo para refrescar a cabeza e teñen moitas ganas de volver empezar a liga. “A nivel de club tentaremos estar o máis arriba posible para loitar polo ascenso e no persoal acabei o ano con máis protagonismo e espero que siga así”, dixo. Malia a iso, de momento, unha lesión que arrastra da tempada pasada está a impedirlle adestrar, pero espera, xunto ao doutor e o fisio, recuperarse canto antes.

Por último, Sergio Pereira, quen asegurou que lles dá pena perder aos compañeiros que se foron agarda que os novos se axusten canto antes porque esa será unha das chaves do éxito. “Son bastante novos e de momento estamos a formar un bo bloque no que dá igual quen xogue. A nivel persoal, espero ter máis oportunidades pero sei da dificultade que engloba estar neste equipo”, analizou.

Por último, malia que considera que hai equipos con máis orzamento e que a competición estará máis igualada, confirma que o equipo “vai loitar ata o final tentando repetir o do curso pasado”, concluíu.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

58 minutes ago

SD Compostela
𝐌𝐀𝐓𝐂𝐇𝐃𝐀𝐘 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta⏰ 16.00🏟️ El Requexón 1📺 Youtube Real Oviedo🙌 Só vale gañar!!! Imos a pola vitoria!!!#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.