Róber e Primo non continúan na SD Compostela

11 de Xullo de 2018

Óscar-Primo-Marcha Róber-Fernández-Marcha

  • Os dous últimos xogadores que faltaban por contestar deixan o club tras realizar unha gran tempada

Santiago de Compostela, a 11 de Xullo de 2018.

O extremo Róber Fernández Martínez e o dianteiro Óscar Conde Cruz, Primo, non continuarán o próximo ano na SD Compostela. Os dous últimos xogadores que faltaban por contestar á proposta de renovación do club, decidiron emprender novos camiños, tras realizar unha gran tempada no seu debut como branquiazuis, por diferentes motivos.

A entidade quere agradecerlles aos dous o servizo prestado neste ano, no que foron pezas fundamentais para un equipo que conseguiu alcanzar o título de liga na Terceira División e que quedou a un paso de lograr o salto de categoría. Ademais, queremos desexarlles a maior das sortes nas súas novas aventuras futbolísticas e estamos convencidos de que mostrarán a calidade que atesouran, do mesmo xeito que o fixeron no noso equipo.

Deste xeito, o proxecto non contará con dous futbolistas que tiveron un gran protagonismo no once de Yago Iglesias, a pesar de chegar recentemente fichados o verán pasado.

Óscar Conde Primo chegou procedente do CD Vitoria coa tarefa de ser o dianteiro referencia do equipo e así o logrou desde a primeira xornada. O punta foi un dos xogadores máis utilizados por Yago ao longo do ano e o pichichi do equipo. Pechou a tempada con 38 partidos xogados, todos menos dous de titular, e 23 tantos, tres deles logrados nun playoff no que quedou coa espiña cravada de non repetir o ascenso do curso anterior. Con todo, quedará gravado no recordo dos afeccionados o dobrete logrado na histórica remontada contra o Terrassa.

Pola súa banda, Róber fichou polo Compos tras unha gran tempada no CD Choco. O porriñés pese a vivir a súa primeira experiencia lonxe da súa casa, asentouse como un futbolista chave nos esquemas branquiazuis. En liga participou en 35 partidos, nos que se saíu de inicio en 32, mentres que no playoff, no que unha inoportuna lesión minguoulle fisicamente, xogou catro encontros, tres de inicio. Acabou o curso con oito goles, entre eles, o tanto que lle deu o título de liga aos nosos no campo do Arenteiro.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Pablo Antas 🗣️ O mediocentro tamén falou na previa á visita ao Real Oviedo Vetusta⚽️ O capitán, que volve ao equipo tras sanción, remarcou a necesidade de sumar, tras moito tempo, unha vitoria coma visitantes#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.