Proseguir o camiño cara ao playoff

17 de Abril de 2019

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/3-pfbaVAabs” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • A SD Compostela busca o cuarto triunfo consecutivo no seu feudo neste Xoves Santo

Santiago de Compostela, a 17 de Abril de 2019.

A SD Compostela regresa ao seu fortín e nel quere seguir o seu camiño cara ao playoff de ascenso. Os branquiazuis buscan o cuarto triunfo consecutivo no Vero Boquete de San Lázaro, así como sobrepoñerse ás baixas e á última derrota en Redondela. Con este obxectivo, reciben ao CD Arenteiro na tarde do Xoves Santo.

“Son refachos e non hai que darlle moita máis preocupación que a que ten non lograr os tres puntos. Sempre tentamos gañar, pero fóra custa un pouco máis. Estamos a xerar ocasións, pero non entran, así que como na casa si, esperamos volver a ver o Compostela das últimas ocasións”, explicou Yago Iglesias na rolda de prensa.

Neste sentido, as condicións dos terreos de xogo moitas veces non axudan aos branquiazuis, malia que esta tendencia revértese cando pisan o verde santiagués. “Temos unhas condicións de adestramento e xogo exclusivas, propias doutra categoría, e aínda que nos custa cando cambiamos de superficie e dimensións, os rivais tamén se atopan aquí unhas condicións nas que poden ser máis vulnerables”, analizou o técnico.

Para manter estas sensacións, o corpo técnico terá que tirar de caderno, xa que as baixas acumúlanse esta xornada. “Alberto leva adestrando toda a semana, pero non queremos forzalo, Miki levou un golpe nunha man e está fóra, Naveira sancionado, e Casas e Samu seguen cun tratamento conservador para recuperalos ben”, detallou.

Por este motivo, o once compostelanista contará de novo con caras novas ante un rival que regresa cun técnico moi coñecido na casa, Gelucho. “Coñezo moi ben o tipo de xogo que tenta expor, e el tamén o meu, polo que será un tira e afrouxa polos tres puntos”, comentou.

O adestrador santiagués sabe polo que está a pelexar o Arenteiro, polo que non se fía dun equipo que chega á alza nas últimas semanas. “Este ano apertou a nivel económico para xuntar a futbolistas doutra categoría como Portela, Hugo Sanmartín, Noguerol ou Fajardo, polo que teñen argumentos máis que suficientes como para estar máis arriba”, destacou.

A nivel táctico, caracterízanse pola “súa organización defensiva e a capacidade para ler os tempos do encontro”, ao que suman a velocidade ao contrataque, polo que Brais Abelenda avoga por “ter a pelota, metelos atrás e que non poidan saír do seu campo”, evitando que poidan coller as costas da defensa.

Coas premisas claras, o Compos busca sumar o triunfo nesta semana tipo ‘Champions’, nun fortín que esperan que estea coas condicións de sempre para despregar o fútbol branquiazul. Tralo empate da primeira volta, os nosos buscan resarcirse coa vitoria, sumando a cuarta consecutiva, e continuando o camiño cara ao playoff.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 UN DOMINGO PARA DALO TODO NO CAMPO E NA BANCADA🙌 Por cortesía do patrocinador, Galicia Calidade, cada abonado maior de 16 anos pode retirar unha INVITACIÓN (a partir de mañá) no Centro Comercial As Cancelasℹ️ A invitación pode recollerse, desde mañá martes e ata o sábado, das 10.30 ás 21.00 no Punto de Información🆚 Real Avilés Industrial C.F. 🗓️ 28.04.24⏰ 12.00🏟️ Estadio Vero Boquete🫂 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 Galicia Calidade 🎟️ Entradas Online 👉 app.cluber.es/clubes/64770af75c3ab340920086/pagos/661f807a570bb914716190#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Os nosos descansan hoxe para centrarse, dende mañá, no partido decisivo deste domingo contra o Real Avilés Industrial C.F.!💪 Un único obxectivo 👉GAÑAR #composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
💪 Vitoria necesaria e merecida para os nosos en Oviedo, 0️⃣-1️⃣👐 O tanto de @davidgrande9 permítelle ao Compos seguir loitando polo playoff📸 @realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAALReal Oviedo Vetusta0⃣-1️⃣COMPOS 💛🖤⚽️ David Grande 💪 SÓ VALÍA GAÑAR E GAÑOUSE! PARTIDO MOI SERIO DOS NOSOS QUE SUMAN OS TRES PUNTOS CON TODO MERECEMENTO! 🙌 VOLVEMOS GAÑAR COMO VISITANTES!#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐃𝐄𝐒𝐂𝐀𝐍𝐒𝐎 ⏸Real Oviedo Vetusta0️⃣-0️⃣COMPOS 💛🖤👉 Dominio no xogo dos nosos, pero sen conseguir grandes oportunidades. Toca seguir intentándoo!#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.