Primo: “Son fortes, pero confío en cada un dos meus compañeiros para sacar isto adiante”

12 de Xuño de 2018
Primo na rolda de prensa coa camiseta de Peregrinando Cara Un Soño.
Primo na rolda de prensa coa camiseta de Peregrinando Cara Un Soño.
  • Ao dianteiro gústalle o desprazamento polo campo e pola proximidade

Santiago de Compostela, a 12 de Xuño de 2018.

Unha das voces máis experimentadas en eliminatorias de playoff da SD Compostela é, sen dúbida, a de Óscar Conde ‘Primo’. O dianteiro cántabro logrou o curso pasado o ascenso co CD Vitoria, precisamente, na terceira rolda e este ano quere repetir a xesta, celebrando, por segundo curso consecutivo, ese salto de categoría no día do seu aniversario.

O pichichi branquiazul na tempada, con 20 goles en liga e outros tres no playoff, está moi entusiasmado por lograr o pase á final trala remontada, axudando ao equipo co seu dobrete, malia que asegura que teñen os pés no chan porque coñecen a entidade do rival.

“Emocionalmente estou polas nubes, pero fisicamente aínda algo canso. O domingo custoume durmir de tanta euforia”, confesou o ariete, quen comentou que hai que sentirse moi orgullosos do que logrou este equipo no que vai de ano.

Por esta razón, Primo ten confianza plena nos seus compañeiros de plantel para o que resta por diante. “Teño confianza no equipo, dáme igual como xoguen eles, porque confío en cada un dos meus compañeiros para sacar isto adiante”, sentenciou. Mesmo se atreveu a ironizar coa puntería de Álvaro Casas, presente na sala xunto ao preparador físico Álex Otero. “A ver se acerta na portería contraria”, dixo de Álvaro entre gargalladas, ao que engadiu, xa en serio, que é “un tío xenial, un amigo para toda a vida e espero que sexa o artífice do tanto do ascenso”.

Unha vez coñecido o rival, o dianteiro, do mesmo xeito que os seus compañeiros, alégranse de ter un enfrontamento contra un rival próximo e cun campo de herba natural. “Estou contento co desprazamento, porque é cómodo tanto para nós como para que se desprace a afección, e despois o campo permítenos estar en igualdade de condicións”, analizou Primo.

E en canto ao Salmantino, matizou que é un conxunto que encaixa bastante, pero que tamén marca moitos goles. “No equipo teñen xente de fóra, fichada a base de talonario, e complicaranos moito as cousas, máis chegando a esta rolda tras quedar cuarto, xa que animicamente estarán moi arriba”, argumentou. Así, os pequenos detalles, segundo o dianteiro, definirán a eliminatoria.

Por último, Óscar Conde tivo palabras de agradecemento para a afección, asegurando que eles foron os artífices do primeiro gol. “Despois do 2-0 envorcáronse en redes sociais e o domingo estiveron a tope, cun recibimento que nos deu ese plus necesario para lograr a remontada”, matizou.

Ademais, tamén reflectiu que o vestiario e o corpo técnico xa crían en que era posible darlle a volta á eliminatoria desde o domingo anterior. “Yago foi o primeiro en sacar o hashtag de que si se podía, transmitíunolo e todos xuntos, axudados polo noso público, logramos a remontada”, concluíu un Primo que espera axudar ao equipo con máis goles nos dous partidos que quedan, malia que se non esta para marcalos “traballarei, correrei e loitarei para lograr o ascenso”.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

22 hours ago

SD Compostela
⌚️ Abril comezará cun derbi para os nosos en terras viguesas ⚽️ X30🆚 CORUXO F.C. 🗓️ 07.04.24⏰ 12.00🏟️ O Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy e Samu🗣️ O adestrador e capitán da SD Compostela analizaron o momento do equipo e o duelo ante o CD Guijuelo do domingo📸 Acompañounos Mónica Pereiro, da Clínica & akt, patrocinadora do encontro#ComposGuijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤝 Roque e Escoruela tiveron a pasada semana un encontro con 220 alumnos do CPI Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa🩵🤍 Na visita, enmarcada nas actividades de promoción do deporte do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, entregaron invitacións para o duelo contra o CD Guijuelo e tiveron unha entretida charla cos cativos#composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎 👉 Euse foi operado onte da súa rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito💪 Moito ánimo, Euse! Volverás máis forte, estamos seguros! Un día menos para volver! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario Juampa 🩵🤍🎂 Moitos parabéns! Oxalá que veña acompañado este domingo desa vitoria tan necesaria que todos estamos desexando! 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.