Perfil José Luís Míguez “Luisito”

buy prednisone canada online buy Gabapentin tablets José Luis Míguez Iglesias “Luisito” (Teo, A Coruña, 1966) é un adestrador que se encontra sen equipo dende decembro do 2017, sendo o Pontevedra CF de 2ªB a súa última experiencia.

A súa traxectoria é moi ampla, máis como futbolista que como adestrador. Deuse a coñecer na SD Compostela sendo xuvenil, cando acumulaba máis de 40 goles en 20 partidos. A partir de aí percorre numerosos equipos, a maioría de 2ªB e 3ª División: Arousa, Leganés, Tomelloso, Ávila, Gimnástica de Torrelavega, Cacereño, Palencia, Cultural Leonesa, Compostela B, Arousa, Verín, Negreira, Estradense e Ciudad de Santiago, onde colga as botas para dar o salto aos bancos; ponse á fronte do equipo en Preferente e déixao en 2ªB, logrando dous ascensos consecutivos. A súa experiencia como adestrador aumentaría no Racing de Ferrol, CD Ourense e Pontevedra CF, ao que fai campión de Liga e ascende a pesar de incorporarse ao club na novena xornada sendo oitavos na clasificación.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado