O Compos quere unha despedida festiva

14 de Decembro de 2018

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/AKjjQ2w_6V0″ video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • A SD Compostela buscará un novo triunfo no último partido do ano no Vero Boquete

Santiago de Compostela, a 14 de Decembro de 2018.

O Vero Boquete de San Lázaro despide este domingo o 2018 cun gran duelo contra o CD Ribadumia. Nunha tarde na que a xogadora santiaguesa estreara o campo oficialmente, os nosos queren manter a boa dinámica na casa das últimas datas e conseguir tres puntos para manterse na zona de playoff.

“O domingo é moi importante gañar. Será moi difícil, porque todos os equipos contra o Compos queren dar algo máis, pero queremos manter a dinámica das últimas semanas aquí”, explicou Rodri Veiga, segundo adestrador, na sala de prensa.

Para lograr os tres puntos, o corpo técnico confía na súa idea de xogo, esa que tan bos réditos está a darlle no fortín branquiazul. “O equipo cre na proposta e somos moi fortes se temos o balón. Os once que xogan quérena, coordínanse para xerar espazos e creo que o estamos facendo ben”, engadiu.

Se cabe, este domingo, este tipo de xogo será máis importante que nunca, xa que enfronte haberá un rival que aposta polo mesmo. “É un equipo parecido ao noso, que lle gusta o balón, con moita mobilidade e perigoso se non llo quitamos”, analizou. Por iso, malia que o Ribadumia non pase polo seu mellor momento do ano, “temos que ir a por eles desde o principio, para que non veñan arriba”.

Boa proba do seu estilo púidose comprobar na final de Copa Federación, disputada no estadio santiagués, polo que, segundo Rodri, “tentaremos sorprendelos coas nosas armas para deixar os tres puntos na casa”.

Unha das claves estará en aproveitar a fraxilidade defensiva que mostraron os aurinegros no que vai de tempada. “Pásalles como a nós no primeiro ano, encaixan moito porque tamén expoñen. Cren nesa idea e aos poucos faranse máis fortes, polo que temos que tentar aproveitar calquera oportunidade”, sinalou.

Cun ritmo alto desde o inicio e o apoio incondicional da bancada, o Compos espera sacar outra vitoria no Vero Boquete. A intención é despedir o ano no fortín cunha tarde festiva, para así poder pechar o curso o máis arriba posible. Por iso, o que ben empeza na previa, con todos os actos protocolarios, ben acabe ás sete.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

19 minutes ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy🗣️ PREVIA antes da visita ao Real Oviedo Vetusta, este sábado, ás 16.00 horas, no Requexón⚽️ O técnico destaca a melloría do equipo e centra o foco en conseguir a vitoria en terras asturianas#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
Este sábado, en Oviedo, só vale gañar para poder seguir na pelexa! 🩵🤍🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 20.04.24⏰ 16.00🏟️ El Requexón 📺 www.youtube.com/@realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Tralo gran esforzo de onte, os nosos regresan esta mañá ao traballo centrados no seguinte obxectivo, conseguir a vitoria ante o Real Oviedo Vetusta#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy 🗣️ Valoración do técnico tralo empate contra o Pontevedra Club de Fútbol SAD no derbi disputado no Vero Boquete#compospontevedra ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.