Nove vitorias para adozar a ponte

15 de Outubro de 2018

Resultados-Base-15-10

  • O filial, Xuvenil A, Cadete A e Infantil B seguen prolongando o seu bo momento

Santiago de Compostela, a 15 de Outubro de 2018.

A ponte do Pilar, con numerosos encontros entre o venres e esta tarde, deixou un moi bo sabor de boca nas categorías inferiores da SD Compostela. A base pechou esta odisea con nove vitorias, destacando o bo momento que seguen prolongando o filial branquiazul, o Xuvenil A, o Cadete A e o Infantil B. Estes dous últimos por partida dobre, xa que conseguiron a vitoria nos seus dous partidos marcados para estes días.

En primeiro lugar, o Zona Vella alcanzou a terceira vitoria seguida despois de superar por 1-2, nunha dura saída, ao terceiro clasificado, o Trazo CF. Os nosos saltaron ao campo do Xeixo con plena confianza e saíron del cos tres puntos debaixo do brazo. Jorge Castiñeiras adiantou aos nosos no último minuto da primeira parte. Na segunda, pese ao dominio visitante, no 78 marcou o cadro local, pero tres minutos máis tarde Marcos Fernández poñería o segundo no marcador do noso filial.

Tamén mantén o seu gran momento o Xuvenil A, quen segue sumando vitoria tras vitoria para manterse na segunda posición. Esta vez, superou ao Viveiro CF por 2-1 nun duelo pechado que se decidiu na segunda metade. Sergio González adiantou aos branquiazuis no minuto 14, vantaxe neutralizada polos visitantes no 52. Con todo, seis máis tarde, Iván Calvo volvería poñer aos nosos por diante, vantaxe que ao cabo significou o quinto triunfo consecutivo do xuvenil.

Pola súa banda, o Xuvenil B logrou un máis que meritorio empate a tres tantos ante o CF Noia, segundo clasificado. Os canteiráns conseguiron igualar o marcador ata en tres ocasiones para acabar sumando un punto. Marcos Andrade marcou dous no primeiro acto, un deles de penalti, e Juan Amigo anotou o terceiro nos últimos instantes do choque. Mentres, o Xuvenil C colleitou o primeiro triunfo da tempada, logo de vencer por 2-0 en Cancelas ao Vista Alegre. Jorge Millán, na primeira, e Rodrigo Guada, na segunda, certificaron os tres primeiros puntos para os nosos.

O Cadete A tiña unha dura proba por diante, con dous partidos en tres días, e superouna da mellor maneira posible, con seis puntos. Primeiro, o venres, superou ao ED Xuventude Oroso por 3-1, con tantos de Jaime Álvarez, Hugo Pérez e Iker Carril, nun duelo que fora aprazado pola Festa do Deporte. Mentres que onte pola mañá, en Cancelas, gañou por 2-0 ao Amio SD, equipo co que estaba empatado na táboa. Iker Carril e Uxío Figueroa, ambos no segundo acto, anotaron os tantos do triunfo branquiazul. Por contra, o Cadete B colleitou a súa segunda derrota consecutiva, esta vez por 2-3 ante o Cire Melide, primeiro clasificado e invicto ata a data. Os santiagueses puxéronse por diante dúas veces con dianas de Adrián Álvarez e Alejandro Parga, pero os visitantes conseguiron remontar para seguir imbatidos.

En infantís, o A perdeu ante o Bertamiráns por 1-5, mentres que o B, do mesmo xeito que o cadete, logrou dous triunfos nos seus dous partidos, un deles tamén aprazado o día da Festa do Deporte. En primeiro lugar, puido co Vista Alegre, ao que venceu por 4-0 con tantos de Valentino Becerra, Tomás Munge, Mateo Barros e Anxo Olveira. E ao día seguinte, os branquiazuis triunfaron ante as Escolas Deportivas de Vedra por 3-1, nun duelo no que Valentino Becerra, Alejandro Prado e Giovanny Galo mandaron o balón ao fondo da rede.

No relativo aos alevíns, o A perdeu esta tarde contra o Victoria FC por 3-1.  Á súa vez, o B sumou un novo triunfo, logo de superar á UD Bastavales por 1-2.

En benxamíns, o A perdeu na súa visita ao Pino, mentres que o B gañou ao Conxo na segunda xornada de liga. E, por último, os prebenxamíns non foron capaces de gañar ningún dos cinco encontros que disputaron, tres o A e dous o B.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
⌚️ Abril comezará cun derbi para os nosos en terras viguesas ⚽️ X30🆚 CORUXO F.C. 🗓️ 07.04.24⏰ 12.00🏟️ O Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy e Samu🗣️ O adestrador e capitán da SD Compostela analizaron o momento do equipo e o duelo ante o CD Guijuelo do domingo📸 Acompañounos Mónica Pereiro, da Clínica & akt, patrocinadora do encontro#ComposGuijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Roque e Escoruela tiveron a pasada semana un encontro con 220 alumnos do CPI Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa🩵🤍 Na visita, enmarcada nas actividades de promoción do deporte do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, entregaron invitacións para o duelo contra o CD Guijuelo e tiveron unha entretida charla cos cativos#composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎 👉 Euse foi operado onte da súa rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito💪 Moito ánimo, Euse! Volverás máis forte, estamos seguros! Un día menos para volver! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario Juampa 🩵🤍🎂 Moitos parabéns! Oxalá que veña acompañado este domingo desa vitoria tan necesaria que todos estamos desexando! 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.