Naveira: “Esperamos que o ambiente do domingo sexa mellor que contra o Terrassa”

18 de Xuño de 2018
  • O lateral asegura que tentarán ter o control de xogo, como na primeira metade

Santiago de Compostela, ao 18 de xuño de 2018.

A SD Compostela volveu este luns ao traballo despois de xogar onte no Helmántico a ida da Final do Playoff de Ascenso á Segunda División B. O partido acabou con empate a un gol, grazas ao tanto dun Álvaro Naveira que pasou hoxe por rolda de prensa.

O lateral esquerdo, arroupado polos seus compañeiros de equipo, reflectiu na sala que espera que o ambiente deste domingo en San Lázaro sexa, aínda mellor, que o do día do Terrassa FC. “Canta máis xente veña, mellor para nós”, comentou.

O obxectivo non é outro que o domingo acabar celebrando un ascenso. “Temos ganas de que chegue o partido e que sexa unha festa, esperando que sexa así”, explicou.

Para alcanzalo, a clave para Naveira pasa por “ter o control de xogo, como fixemos na primeira parte do Helmántico, porque neses momentos eles non xeraron perigo”.

Outro factor importante, será non confiarse, xa que o Salmantino é un equipo que se caracterizou por remontar as súas eliminatorias nos partidos de volta. “Temos que saír coma se na ida quedásemos cero a cero, non especulando, e tentando dominar”, argumentou.

En canto ao rival, o lateral dixo que se atoparon o que esperaban, un equipo “con xente moi forte, que colga balóns á área e que aproveitaron o apoio da súa afección para crearnos perigo”. Para a volta, esperan “un rival similar, que especulará un pouco e tentará marcar algún gol para pasar”.

Con todo, Naveira non poderá estar na gran final pola amarela que recibiu no minuto 89. “É un pau, pero tiña que facer falta e agora tócame animar aos compañeiros para que o fagan ben”, remarcou.

A pesar diso, de momento queda co bo sabor de boca polo tanto logrado, un gol augurado por Rubén, o asistente do mesmo, antes do comezo do encontro. O seu soño é que esa diana sirva para lograr o soño do ascenso.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1
  • COMPOSTELA- 0 LANGREO- 1

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

19 hours ago

SD Compostela
⌚️ Abril comezará cun derbi para os nosos en terras viguesas ⚽️ X30🆚 CORUXO F.C. 🗓️ 07.04.24⏰ 12.00🏟️ O Vao#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Antón Permuy e Samu🗣️ O adestrador e capitán da SD Compostela analizaron o momento do equipo e o duelo ante o CD Guijuelo do domingo📸 Acompañounos Mónica Pereiro, da Clínica & akt, patrocinadora do encontro#ComposGuijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤝 Roque e Escoruela tiveron a pasada semana un encontro con 220 alumnos do CPI Colexio Nosa Señora do Rosario de Arzúa🩵🤍 Na visita, enmarcada nas actividades de promoción do deporte do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, entregaron invitacións para o duelo contra o CD Guijuelo e tiveron unha entretida charla cos cativos#composguijuelo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎 👉 Euse foi operado onte da súa rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito💪 Moito ánimo, Euse! Volverás máis forte, estamos seguros! Un día menos para volver! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Hoxe está de aniversario Juampa 🩵🤍🎂 Moitos parabéns! Oxalá que veña acompañado este domingo desa vitoria tan necesaria que todos estamos desexando! 🙌 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.