Marcos Remeseiro, novo reforzo para o proxecto da SD Compostela

11 de Xullo de 2018

Marcos-Remeseiro

  • O futbolista de 25 anos, que procede do CD Boiro, firma por unha tempada, con opción a outra máis

Santiago de Compostela, a 11 de Xullo de 2018

Marcos Remeseiro Conde (A Coruña, 1992) únese ao proxecto da SD Compostela. O futbolista da Coruña procede do CD Boiro, equipo no que xogou a súa última tempada, e firma por un ano, con opción a un segundo.

A nova fichaxe do Compos, que pode actuar tanto nas posicións de tres cuartos de campo como algo máis atrasado, caracterízase por ser un xogador de enorme calidade, con último pase, gran golpeo de balón e capacidade goleadora.

Ademais da súa polivalencia, Marcos ten unha gran experiencia en Terceira División, pero tamén en Segunda B. Disputou un curso enteiro na división de bronce do fútbol español e cumprirá a súa sétima campaña en Terceira, onde destacou en todos os equipos polos que pasou, disputando mesmo dúas fases de ascenso.

Na súa última tempada, o mediapunta zurdo xogou no CD Boiro, conxunto co que competiu en 36 partidos de liga, 27 saíndo de titular, e outros catro de Copa Deputación. Pechou así o ano con máis de 2.700 minutos de competición e sete goles anotados, sendo un dos futbolistas máis utilizados e con maior rendemento do cadro do Barbanza.

A súa carreira futbolística comezou, tras despuntar nas categorías inferiores do Ural CF, no Racing de Ferrol. Co conxunto departamental alternou o equipo xuvenil co primeiro plantel, de Segunda B, e o filial, que militaba en Preferente. Ao terminar a súa etapa na base, pasou a senior nas filas do Cerceda, co que disputou dúas campañas en Terceira División e xogou o playoff na primeira delas.

Tralo gran rendemento amosado, Marcos Remeseiro fichou polo Deportivo B, malia que alternou adestramentos co primeiro equipo, debutando oficialmente na rolda de dezaseisavos da Copa do Rey contra o Málaga. Co Fabril, participou en 27 encontros no seu ano de desembarco, con quince titularidades, e 39 na súa segunda tempada, 34 deles saíndo de inicio. Nesta última campaña, quedou a un paso do ascenso, despois de perder na segunda eliminatoria do playoff contra a UD San Pedro. No seu paso pola canteira deportivista demostrou a súa capacidade goleadora con 26 tantos anotados, dous deles na fase de ascenso.

A pesar de non lograr o salto de categoría co Fabril, Marcos si o deu ao fichar pola UD Somozas, na que tamén destacou con grandes actuacións e unha enorme presenza no equipo. Acabou o ano con 40 partidos xogados, 35 deles de Liga, na que o conxunto verdibranco terminou nunha meritoria oitava posición. Pechou o curso na división de bronce con case 2.000 minutos de xogo e 17 titularidades.

Do Somozas, Marcos volveu baixar de categoría para ser unha peza fundamental do Oviedo  Vetusta, equipo no que coincidiu con Álvaro Casas. En terras asturianas, participou en 34 partidos de liga, 23 deles saíndo de inicio, para un total de 2.100 minutos. Na súa etapa en Oviedo, última antes de regresar a Galicia co CD Boiro, volveu destacar pola súa capacidade cara a portería rival, xa que acabou a campaña con 11 goles e unha asistencia.

Marcos Remeseiro convértese así na quinta fichaxe do proxecto branquiazul e no décimo oitavo xogador dun plantel no que coincidirá con antigos compañeiros.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

This message is only visible to admins.
Problem displaying Facebook posts. Backup cache in use.
PPCA Error: Due to Facebook API changes it is no longer possible to display a feed from a Facebook Page you are not an admin of. The Facebook feed below is not using a valid Access Token for this Facebook page and so has stopped updating.

2 days ago

SD Compostela
🤝 Manu Barreiro visitou o pasado venres aos nenos e nenas do CEIP de Arzúa🩵🤍 Un encontro, enmarcado nas actividades de promoción do deporte e dos valores do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, no que puido compartir a súa experiencia no mundo do fútbol🙌 Unha gran visita, na que tamén entregou invitacións para o partidazo decisivo ante o Real Avilés Industrial C.F.#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 UN DOMINGO PARA DALO TODO NO CAMPO E NA BANCADA🙌 Por cortesía do patrocinador, Galicia Calidade, cada abonado maior de 16 anos pode retirar unha INVITACIÓN (a partir de mañá) no Centro Comercial As Cancelasℹ️ A invitación pode recollerse, desde mañá martes e ata o sábado, das 10.30 ás 21.00 no Punto de Información🆚 Real Avilés Industrial C.F. 🗓️ 28.04.24⏰ 12.00🏟️ Estadio Vero Boquete🫂 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 Galicia Calidade 🎟️ Entradas Online 👉 app.cluber.es/clubes/64770af75c3ab340920086/pagos/661f807a570bb914716190#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚒️ Os nosos descansan hoxe para centrarse, dende mañá, no partido decisivo deste domingo contra o Real Avilés Industrial C.F.!💪 Un único obxectivo 👉GAÑAR #composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
💪 Vitoria necesaria e merecida para os nosos en Oviedo, 0️⃣-1️⃣👐 O tanto de @davidgrande9 permítelle ao Compos seguir loitando polo playoff📸 @realoviedo#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAALReal Oviedo Vetusta0⃣-1️⃣COMPOS 💛🖤⚽️ David Grande 💪 SÓ VALÍA GAÑAR E GAÑOUSE! PARTIDO MOI SERIO DOS NOSOS QUE SUMAN OS TRES PUNTOS CON TODO MERECEMENTO! 🙌 VOLVEMOS GAÑAR COMO VISITANTES!#VetustaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.