O xogador galego Manu Rodríguez regresa á S.D. Compostela para reforzar o equipo ata o final de tempada.
Manu Rodríguez, que militou catro campañas no Compostela, formou parte do plantel que logrou o ascenso de Preferente a Terceira División e de Terceira a Segunda División ‘B’, competindo dúas tempadas nesta categoría. Tras desvicunlarse da Arandina C.F. -equipo co que iniciou a tempada- Manu decide volver á S.D. Compostela e axudar ao equipo a afrontar a segunda volta.
A nova incorporación reforzará ó Compostela na posición de medio centro ofensivo, aínda que tamén pode aportar na faceta defensiva.
Desde a S.D. Compostela queremos agradecer a Manu Rodríguez a súa disposición e as súas ganas por volver ó club que foi a súa casa durante catro anos.