Javier Bellido: “Levoume a aceptar este proxecto que era a Esedé”

Bellido

                         Imaxe: Voz de Galicia

 

Javier Bellido é un deses nomes que van estreitamente ligados á S.D. Compostela.  O ex-xogador que defendeu a camiseta blanqui-azul ao longo de dez anos formou parte daquel equipo que logrou o ascenso a Primeira División por primeira vez na historia do club.

O Compostela deixou pegada no bilbaíno, que a tempada pasada aceptou o reto de poñerse á fronte da dirección da canteira do club para forxar novos proxectos. “Levoume a aceptar este proxecto que era a Esedé“, asegura Bellido.

Con motivo do estreo da Esedé Radio este fin de semana ante o C.D Guijuelo, entrevistamos a Javier Bellido, que será o invitado para comentar o encontro que se disputará mañá, 24 de outubro ás 17:00h en San Lázaro.

O ex-xogador, formado na canteira de Lezama, recórdanos aquela emoción do ascenso a Primeira División e fálanos das iniciativas que se xestan para reforzar as categorías inferiores do Compostela.

Podes ver a entrevista completa no seguinte vídeo:

 

Compartir en Redes Sociales

Relacionado