A SD Compostela colabora co Asilo de Ancianos Desamparados de San Marcos

Momento da entrega en San Marcos.

Momento da entrega en San Marcos.

  • O club entregou roupa e alimentos á entidade santiaguesa

Santiago de Compostela, a 25 de Decembro de 2018.

O presidente do Compos, Antonio Quinteiro, o director deportivo, Manu Castiñeiras, e José Puente, de Exclusivas Centauro, fixeron este luns entrega de alimentos e prendas de vestir á Superiora do Asilo de los Ancianos Desamparados de San Marcos, en Santiago.

Aproveitando estas datas navideñas, a SD Compostela quixo acordarse da gran labor que as irmás dos Ancianos Desamparados realizan na nosa cidade. Unha vez máis, o club reafirma a súa aposta polos principios sociais e a súa vocación solidaria, acordándose dos que máis o necesitan.
Agradecer tamén a Exclusivas Centauro o seu apoio ao club, ao participar nesta acción solidaria da mán do seu dono, Don José Puente.
Compartir en Redes Sociales

Relacionado