Estimados simpatizantes, amigos e amigas da SD Compostela

Saúdo do presidente

A través destas liñas, quero primeiramente darvos as gracias polo apoio incondicional que cada domingo mostrades arroupando ao equipo nos partidos de San Lázaro e tamén nalgúns desprazamentos. Ao longo da súa historia, a afección do Compostela foi sen dúbida un dos grandes patrimonios do club e nos tempos actuais, con todas as dificultades que existen, valoro enormemente o esforzo e a lealdade que mantedes polo noso escudo.

Falando de dificultades, a SD Compostela tivo desde sempre que remar contra corrente. Ao longo da nosa historia houbo momentos doces, logramos chegar ao máis alto, cuidemos xogar e ser competitivos ante os grandes do fútbol español; pero ao mesmo tempo tamén nos tocou vivir as penurias do fútbol; tendo que malvivir e loitar en categorías menores, impropias para un club como o noso.

Síntome santiagués e sinto á SD Compostela como un valor fundamental da cidade e da súa comarca. Desde neno sempre sentín paixón polo fútbol e cando o club estaba a piques de desaparecer, non dubidei xunto a outros compañeiros en dar un paso á fronte para tentar devolver á SD Compostela ao lugar que lle corresponde.

Non foi un labor doado pero ao longo deste tempo logramos asentarnos co obxectivo claro de seguir crecendo, de ser inconformistas, de pelexar por devolver á SD Compostela, cando menos, á Segunda división. Nese proxecto estamos involucrados todos: directiva, corpo técnico, xogadores, afeccionados…e nese proxecto, tamén deben estar implicados os estamentos da cidade. Eu quero un club aberto aos seus veciños, para que todos xuntos poidamos sufrir, pelexar e seguro, lograr o ansiado ascenso.

Co paso dos anos tentamos asentarnos economicamente, profesionalizar as áreas do club e crecer deportivamente. Estou seguro que todos os esforzos acabarán dando os seus froitos!

Convídovos a todos a participar desta paixón chamada SD Compostela

Unha forte aperta e…Forza Compos!

firma