historia

1928

As orixes do club

source A SD Compostela foi fundada no ano 1928 por Ramón Castromil Casal. O club perviviu ata o estalido da Guerra Civil. Militaba en categoría rexional e xogaba os seus partidos no antigo campo da Choupana.

1962

compos_1962

Nace a atual SD Compostela

Buy cheap Tastylia online without a prescription A actual SD Compostela foi fundada o 26 de xuño de 1962 nunha reunión celebrada no Hostal dos Reis Católicos. Acordouse o nome do novo club e constituíuse a primeira xunta directiva, onde Elisardo García Fernández foi elixido como primeiro presidente.

O 28 de outubro de 1962, a SD Compostela fusiónase co Club Arenal, que pasa a converterse en filial. Tamén se fixa o uniforme dos equipos: camiseta azul e branca para o Compostela e camiseta branca para o Arenal.

O equipo comeza a competir na tempada 62/63 na categoría Rexional, disputando os seus partidos no Campo da Residencia Universitaria.

Como primeiro adestrador elixiuse ao uruguaio Dagoberto Moll, quen na súa primeira tempada logrou o ascenso á 3ª división.

historiaCompos

1963-1970

En 1963 a SD Compostela pasa a xogar os seus partidos no Estadio Municipal de Santa Isabel. Son anos nos que o club tenta sen éxito ascender á segunda división.

En 1968 nacen outras seccións deportivas do club como son as de baloncesto, atletismo ou xadrez. Na tempada 69/70, por reestruturación da terceira división, a SD Compostela descende á Rexional.

1970-1980

1980_escudo

A década dos anos setenta é irregular. O equipo alterna a súa presenza en Terceira División, en categoría Rexional e na nova Segunda B.

Na campaña 75/76 e baixo a dirección de Rodríguez Vaz, a SD Compostela inicia un ascenso imparable que o situará en 1977 na recente inaugurada Segunda B.

O equipo non logra consolidarse na división de bronce ata a chegada de José López; quen logra situar de novo ao equipo en 2º B na tempada 79/80.

compos70-80

1980-1990

camiseta_1980

O equipo consolídase en 2ª B, onde disputará as seis primeiras tempadas desta década. Na 80/81 logra acabar como sétimo clasificado, pero na 85/86 acaba décimo oitavo e descende a Terceira División. Son malos momentos para o club; o presidente Estepa dimite e mesmo se baralla a desaparición da entidade.

En 1988 chega á SD Compostela José María Caneda, quen da man de Fernando Castro Santos logra o ascenso do equipo na tempada 89/90.

1990-2000

1990

A tempada da reestrea en Segunda División B, 90/91, é todo un éxito. O equipo acaba de terceiro e tras superar ao Badaxoz, Alcoyano e Alavés na promoción, logra por primeira vez na súa historia ascender á Segunda División.

O equipo aséntase na división de prata e o 30 de xuño de 1992 convértese en Sociedade Anónima Deportiva cun capital de 87.700.000 pesetas.

Na tempada 93/94 e con xogadores como Ohen, Abadía, Bellido, Lucas ou Tocornal, o Compostela logra ascender á Primeira División, despois de superar na Promoción de Ascenso ao Raio Vallecano. Este fito histórico coincide coa estrea en 1993 do Multiusos de San Lázaro.

equipo2000

Fernando Castro Santos, o artífice que logrou levar ao equipo de Terceira á Primeira División, é convertido nun heroe. Na súa primeira campaña en Primeira, a 94/95, a SD Compostela acaba de décimo sexto.

Na campaña 95/96 chega Fernando Vázquez como técnico; o equipo relaciónase cos mellores e acaba o campionato no décimo posto, a mellor clasificación de toda a súa historia, contando no plantel con xogadores como Nacho, José Ramón, Lekumberri, Fabiano, Franck Passi ou Christensen.

Na edición 96/97, coa dupla atancante formada por Penev e Ohen, o equipo acaba de undécimo.

 O ciclo entre os grandes termina na tempada 97/98 cando tras ser decimoséptimo en Liga, a SD Compostela perde a Promoción de Permanencia fronte ao Vilarreal.

O reencontro coa Segunda División non é positivo. Ata catro adestradores pasan polo equipo nesta tempada 98/99. Ese ano, con xogadores como Romano Sion, Nando ou Radchenko, o equipo acaba en oitava posición.

Na tempada 99/00, o club comeza a pagar os pratos rotos dunha mala xestión económica e logra in extremis a salvación, sendo décimo oitavo e co coruñés Changui como máximo goleador do equipo.

2000-2010

camiseta_2001

Co inicio do novo século, a situación deportiva empeora considerablemente. Na Tempada 00/01, o equipo descende a 2º B.

Na Tempada 2001/02 xorden problemas económicos; con todo, o equipo con Luís Anxo Duque como adestrador logra de novo ascender a Segunda.

O retorno a Segunda, na 2002/03, sáldase cun noveno posto na liga. O dianteiro Maikel destaca ao marcar 19 goles.

Con todo a economía do club sofre moitos atrancos e no verán do 2003, o club é descendido administrativamente a 2ªB ao non poder cubrir unha ampliación de capital valorada en trece millóns de euros.

De novo en 2ªB, na campaña 03/04 a gran débeda económica comeza a converterse nun serio problema para o equipo. A fuga de xogadores é masiva e o desastre confírmase. A SD Compostela descende a 3ª División e administrativamente a Rexional Preferente por non satisfacer as débedas contraídas. A entidade acóllese á nova Lei Concursal para tentar satisfacer unha débeda que ascende a 10,8 millóns de euros.

Nos seguintes dous anos o club deambula pola Rexional Preferente. Ao finalizar o ano 2006, o club entra en proceso de liquidación ao ser un proxecto inviable e empeza a ser xestionada por un grupo de administradores.

No ano 2007, un novo club, a S.D. Campus Stellae, adquire mediante poxa pública a cesión dos dereitos deportivos, comprando o nome comercial e dereitos da marca S.D. Compostela. Ao mesmo tempo, o ex presidente José Albarrán fai o propio cos trofeos para que non se perda a súa historia.

O 26 de xaneiro de 2011 declárase a extinción da SD Compostela, co arquivo do concurso voluntario da entidade -en liquidación-, e iso por inexistencia de bens e dereitos cos que satisfacer aos acredores.

2011-Presente

escudo_sdcompostela

Comeza unha nova etapa

No verán de 2011, unha directiva renovada procedente da área empresarial e profesional, liderada por o presidente Antonio Quinteiro, faise cargo do equipo tras adquirir todos os dereitos legais, liquidar as débedas e lograr a recuperación do nome fundacional. A entidade volve denominarse SD Compostela no verán de 2011.

Desde o pozo da preferente, na tempada 2011/2012, o equipo realiza unha brillante campaña que culmina co salto a Terceira División.

Ao ano seguinte, na 2012/13, tras acabar de terceiro a fase regular, logra o ansiado ascenso a 2º B na terceira eliminatoria de playoff tras eliminar ao CD Cieza.

14 FOTO 1 COMPOS DESDE 2011

Na súa volta á 2ª B, na tempada 2013/14, a SD Compostela acaba a tempada na décimo terceira posición, logrando así o obxectivo da permanencia.

O club é ambicioso e con Iñaki Alonso como técnico, loita por retornar a 2ª división. Tras unha gran segunda volta, o equipo acaba no sexto posto, ás portas de poder disputar a promoción de ascenso. Porén, na seguinte tempada, pese a tentar loitar por cotas máis altas, os resultados non acompañan e o equipo acaba descendendo de categoría.

Desta maneira, o club decide dar un troco de 360º para o curso actual en Terceira División, iniciando un novo proxecto liderado polo adestrador Yago Iglesias, con xogadores galegos, fundamentalmente mozos e de gran proxección.