Ao Compos só lle faltou o gol

20 de Maio de 2018
Edu, porteiro visitante, despexa o balón nun córner, nun partido patrocinado por Mahou 5 Estrellas. Foto: Amadeo Rey.
Edu, porteiro visitante, despexa o balón nun córner, nun partido patrocinado por Mahou 5 Estrellas. Foto: Amadeo Rey.
  • Gran partido da SD Compostela na ida da eliminatoria de campións contra o RCD Espanyol B.

  • Róber e Cardeñosa tiveron as máis claras para os branquiazuis

Santiago de Compostela, a 20 de maio de 2018.

Só faltou o gol. A SD Compostela xogou un auténtico partidazo, cun San Lázaro a rebentar, na estrea da eliminatoria de campións contra o RCD Espanyol B, pero faltoulle o acerto de cara á portería rival para levar un botín mellor á Cidade Deportiva Dani Jarque, onde o vindeiro domingo ás 12.00 horas decidirase quen ascende de categoría.

O empate a cero non reflicte un partido onde os nosos tiveron ocasións moi claras para adiantarse, como unha de Róber e outra de Cardeñosa no último minuto, aínda que os periquitos tamén tiveron unha clara nun man a man de Víctor.

Pese á estrea de moitos dos branquiazuis nun partido de playoff, a SD Compostela e o Espanyol B comezaron o partido con precaucións, con moita posesión e con gran respecto sobre o rival que tiñan enfronte. Ambos os conxuntos sabían que por diante quedaban 180 minutos e que non se podía regalar nada.

Con todo, tentando mostrar a calidade que atesouran os seus xogadores, e é que moitos deles farán a pretempada e mesmo xogarán o ano próximo co primeiro equipo, os visitantes foron os primeiros en golpear na mesa. Os cataláns deron un paso adiante e durante longos minutos tiveron ao Compos correndo detrás do balón, aínda que sen excesiva profundidade, xa que o repregamento defensivo dos nosos era excepcional. Neste tramo, Víctor, cun lanzamento que saíu rozando a escuadra da portería defendida por Lucas, tivo a única aproximación visitante.

Esta fase púxose fin a partir do minuto 25, coincidindo xusto coa acción polémica do partido. Primo recibiu na área, tentouse virar e caeu. A bancada, ao completo, levantouse como un resorte para protestar a xogada, pero o colexiado, que estaba moi preto da xogada, non decretou nada.

A partir da acción o Compos pasou a controlar máis o xogo, a mover o esférico por todo o campo, malia que as súas chegadas por banda non acabaron por xerar demasiado perigo e chegouse ao descanso.

Tras o paso polos vestiarios, a dinámica continuou como no final do primeiro período, aínda que esta vez si que se rozou o gol en máis dunha ocasión.

Malia que o Espanyol tivo unha acción moi clara, no 55, nun man a man de Víctor, tras unha xogada de paredes polo carril central, na que Lucas saíu a tapar de maneira excepcional e o extremo enviouna fóra, as máis claras foron para o bando local.

Primeiro, os nosos avisaron nunha acción de córner, que Samu botou pechado e na que Edu sacou unha man prodixiosa cando ía rematar Álvaro Casas e despois, na máis clara ata ese momento, Róber non conseguía empuxar o balón ao fondo da rede. Nesta última, Primo controlou dentro da área, revolveuse zafándose do central, deu o pase da morte, pero cando xa se cheiraba o gol, Pedrosa apareceu como unha exhalación para despexar o esférico a córner.

As bandas, coas chegadas desde atrás, sobre todo, dun inconmensurable Tomás, estaban a ser o foco de perigo dos nosos. En varios centros roldouse o tanto. Primo non conseguiu conectar un no 69 e noutro, Róber, controlou dentro da área, pero enviou o tiro por encima da portería.

Chegaron os cambios, entraron Mon e Alberto Freire no dobre pivote e Sobrido en banda, pero o fútbol estaba inclinado cara á portería visitante. Así, no 86, Tomás mandou pasado un golpeo desde o pico da área ao segundo pau, tras un gran contraataque.

E aínda faltaba a última, a máis clara. Desde o córner, Mon puxo un balón perfecto ao segundo pau onde apareceu Cardeñosa para rematar de cabeza, pero cando toda a bancada xa cantaba o gol, o balón marchouse rozando o pau da meta españolista.

Con esta acción pechouse o partido, o árbitro pitou o final e ambos os conxuntos marcháronse aos vestiarios sabendo que aínda non hai nada feito e que os 90 minutos no campo 1 da Cidade Deportiva Dani Jarque serán a vida ou morte.

Gran imaxe, outra vez máis, duns xogadores branquiazuis que non paran de superarse a si mesmos. Hoxe pareceron veteranos, cando moitos deles xogaban o seu primeiro playoff e marchan, sen dúbida, coa cabeza ben alta ás súas casas, igual que os miles de afeccionados que encheron a bancada de Tribuna e Preferencia do Estadio de San Lázaro.

O vindeiro domingo, ás 12.00 horas, tocará a volta en Barcelona. Toca planificar un novo partido, no que os nosos esperan levar a vencida e no que agardan que estean presentes moitos seguidores branquiazuis. Quedan 90 minutos para a gloria, para lograr o ansiado ascenso a Segunda División B.

FICHA TÉCNICA:

0-SD Compostela: Lucas; Saro, Cardeñosa, Álvaro Casas, Naveira; Samu (Alberto Freire, m.77), Ube (Mon, m.66); Álex Ares, Tomás (Sobrido, m.87), Róber; e Primo.

0- RCD Espanyol B: Edu; Pipa, Iago, Lluis, Pedrosa; Pol Lozano, Álex López; Víctor, Max (Doncel, m.69), Puado (Manel, m.89); e Cristo (Joselu, m.78).

Árbitro: Bermejo Ferrero, comité asturiano. Amoestou a Róber e Cardeñosa, polos locais; e a Pol Lozano, Iago e Manel, polos visitantes.

Incidencias: Partido da eliminatoria de campións do playoff de ascenso á Segunda División B disputado no Estadio de San Lázaro ante máis de 3.000 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2
  • COMPOSTELA- 2 PONTEVEDRA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
🙌 RECORDA cada ABONADO maior de 16 anos pode retirar unha INVITACIÓN no Punto de Información do Centro Comercial As Cancelas ata o SÁBADO (ℹ️ Horario: 10.30-21.00)🩵🤍 Van xa máis de 200 INVITACIÓNS entregadas!!!💪 O domingo, gañamos entre todos!!!#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
🙌 RECORDA cada ABONADO maior de 16 anos pode retirar unha INVITACIÓN no Punto de Información de @ascancelas ata o SÁBADO (ℹ️ Horario: 10.30-21.00)🩵🤍 Van xa máis de 200 INVITACIÓNS entregadas!!!💪 O domingo, gañamos entre todos!!!#ComposRealAvilésIndustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Ana Méndez, xerente de Galicia Calidade, entidade patrocinadora do partidazo deste domingo contra o Real Avilés Industrial C.F., estivo presente esta mañá no adestramento dos nosos🙌 Unha visita especial, na que os animou para que acaden unha nova vitoria#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Manu Barreiro visitou o pasado venres aos nenos e nenas do CEIP de Arzúa🩵🤍 Un encontro, enmarcado nas actividades de promoción do deporte e dos valores do noso patrocinador Proxecto Touro - Cobre San Rafael, no que puido compartir a súa experiencia no mundo do fútbol🙌 Unha gran visita, na que tamén entregou invitacións para o partidazo decisivo ante o Real Avilés Industrial C.F.#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 UN DOMINGO PARA DALO TODO NO CAMPO E NA BANCADA🙌 Por cortesía do patrocinador, Galicia Calidade, cada abonado maior de 16 anos pode retirar unha INVITACIÓN (a partir de mañá) no Centro Comercial As Cancelasℹ️ A invitación pode recollerse, desde mañá martes e ata o sábado, das 10.30 ás 21.00 no Punto de Información🆚 Real Avilés Industrial C.F. 🗓️ 28.04.24⏰ 12.00🏟️ Estadio Vero Boquete🫂 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 Galicia Calidade 🎟️ Entradas Online 👉 app.cluber.es/clubes/64770af75c3ab340920086/pagos/661f807a570bb914716190#composrealavilésindustrial ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.