A SD Compostela ofréceche a posibilidade de abonarse online

dñmsñgmsdf

Santiago de Compostela, a 14 de Xullo de 2017.

Unha posibilidade para facilitar ao afeccionado compostelanista o seu desexo de unirse á entidade. A SD Compostela permite, a partir de agora, que todos aqueles que o desexen poidan realizar o seu abono a través da páxina web do club, ao activarse na páxina principal un link que se pode picar na imaxe vista arriba.

A través desta ruta, os compostelanistas entrarán nun programa para realizar o seu abono. Para iso, terán que cumprir as seguintes condicións:

  1. Para a renovación do seu abono, deberán poñerse en contacto co club no número 981 57 70 41, para que se lles poida facilitar o seu usuario e contrasinal.
  2. Para novos abonados, deberán rexistrarse para poder adquirir o seu carné de socio.
  3. Para recibir o seu abono, deberá acreditar previamente a condición correspondente (neno, xuvenil, desempregado de longa duración, xubilado, universitario menor de 25 anos), acompañado do seu DNI, que deberá enviar a sdcompostela@sdcompostela.com, ou senón proceder á súa retirada nas oficinas do club.

Esta convértese nunha nova forma de facer a renovación máis sinxela. Demostra a preocupación do club por todos os seus afeccionados pensando, neste caso, nas persoas que non residen na capital de Galicia e que se lles fai custoso achegarse ás oficinas, situadas no Estadio de San Lázaro.

A partir de agora, os compostelanistas poderán realizar o seu abono ben pola forma clásica, acudindo ás oficinas, que abren de luns a venres, ou ben a través desta nova vía online.

Por último, lembrar que se manterán os prezos dos abonos rebaixados ata o próximo 5 de agosto, día no que aumentarán en case un 20%. Non o penses máis e compostelanízate, axúdanos a peregrinar cara o noso soño.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado