A SD Compostela leva a XXX Copa Deputación nos penaltis

REY_1549

 

  • Lorenzo marcou o penalti decisivo que lle deu o título aos branquiazuis

Santiago de Compostela, a 14 de Agosto de 2018.

A SD Compostela proclamouse campión da XXX Copa Deputación despois de superar ao Racing de Ferrol na quenda de penaltis. Os 90 minutos acabaron con empate a un gol e o encontro decidiuse desde os once metros, onde os nosos estiveron máis acertados e gañaron por 8-7 tras vintedous lanzamentos.

A pesar da entidade do rival, o Compos conseguiu o título provincial nun partido no que foi superior, gozando de boas oportunidades pero tívose que xogar todo nos penaltis despois de que os departamentais empatasen no último minuto de partido.

No primeiro tempo, os branquiazuis levaron o tempo do partido, con ocasións claras en lanzamentos desde fóra da área, malia que o que máis preto estivo na primeira media hora foi o Racing cun tiro de Marcos Álvarez ao pau. Con todo, respondeu rápido o Compos co primeiro tanto da tarde. Álex Ares enganchou unha gran volea desde o bordo da área que superou a Diego Rivas, quen non puido facer nada ante a potencia da poutada.

Na segunda metade, o control seguiu en mans santiaguesas, con opcións nos pés de Brais Abelenda ou Ube. Mesmo chegou a marcar Miki, pero o colexiado sinalou fóra na asistencia de Sergio Pereira.

Así, chegouse aos últimos minutos e o Racing de Ferrol acabaría logrando o empate no desconto, nun córner que non debeu ser sinalado. Á saída do mesmo, Juan Antonio meteu a bota para poñer o empate e mandar o encontro aos penaltis.

Na quenda, tras once lanzamentos de cada un, Lorenzo anotou o decisivo para os nosos e Diego Rivas mandou ao seu ao traveseiro. A SD Compostela é a campioa da XXX Copa Deputación.

FICHA TÉCNICA:

1 (8) – SD Compostela: Lorenzo; Sergio Pereira, David Uña, Álvaro Casas, Naveira; Samu (Ube, m.74), Marcos Remeseiro; Miki (Josiño, m.83), Álex Ares (Mon, m.89), Brais Abelenda; e Santi (Saro, m.72)

1 (7) – Racing de Ferrol: Diego Rivas; Seoane, Joel, Catú, Miguel Villarejo; Borja Hernández (Sergio Otero, m.75), Carlos García; Marcos Álvarez, Joselu (Sanmartín, m.75), Pablo Rey (Luis, m.72); e Juan Antonio.

Goles: 1-0: Álex Ares, min.40; 1-1: Juan Antonio, min.92. Penaltis: 1-0:Ube; 2-0: Marcos Remeseiro; 2-1: Juan Antonio; 2-2: Luis; 3-2: Álvaro Casas; 3-3: Sergio Otero; 4-3: Saro; 4-4: Seoane; 5-4: Brais Abelenda; 5-5: Miguel Villarejo; 6-5: David Uña; 6-6: Sanmartín; 7-6: Sergio Pereira; 7-7: Catú; 8-7: Lorenzo.

Árbitro: Espasandín Cores, colexio coruñés. Amoestou a Santi, Álex Ares e Sergio Pereira polos branquiazuis; e a Borja Hernández, Catú, Miguel Villarejo e Joel, polo Racing de Ferrol.

Incidencias: Final da XXX Copa Deputación disputado no Campo do Roxo ante 600 espectadores. Nutrida presencia de seguidores branquiazuis.

Compartir en Redes Sociales

Relacionado